Contido eliminado Contido engadido
PepedoCouto (conversa | contribucións)
Liña 23:
*Martiño, para que eu me decate do que me dis tes que escribirme na miña páxina de conversa, así como eu o fago na túa. Non pasa nada, home. Xa sei que non o fas con malicia. Ninguén nace aprendido, din por aquí decote. Bueno, o caso é que vexo que sigues argallando novos artigos coa mesma tónica de falta de ligazóns, de categorización e con apenas achegas informativas. Procura engadir máis información aos que xa fixeches antes de te pór con novos. Fíxate na lapela que pon 'Editar', e aí verás como se fan as cousas. Olla para outros artigos semellantes e así vas aprendendo. Un saúdo.--[[Usuario:Atobar|Atobar]] <sup>([[Conversa Usuario:Atobar|conversa comigo]])</sup> 17:56, 3 abril 2009 (UTC) Para asinar, por certo, é no cuarto botón comezando pola dereita, enriba deste cadro no que escribes.
:Martiño, non me queda outra que insistir no mesmo: fai por mellorar os artigos que xa creaches no canto de seguir creando novos. E sobre todo, non fagas listas, porque para iso xa están as categorías. Non ten sentido que fagas unha lista de presidentes, se existe unha categoría de presidentes, por exemplo. E ponlle a negriña aos títulos. Corrixinche, por exemplo, o artigo de [[Florentino Pérez]]. Métete nel, bótalle unha ollada á pestana de Editar e mira como fixen. Fai ti o mesmo. Outra cousa, tenta non pór opinións como ''moitos seareiros arelan a súa volta para que o Madrid volva ser un grande no universo das estrelas''. Iso non pode estar na wikipedia, que se basa en feitos, non en opinións, sexan ou non acertadas. Un saúdo.--[[Usuario:Atobar|Atobar]] <sup>([[Conversa Usuario:Atobar|conversa comigo]])</sup> 12:44, 4 abril 2009 (UTC)
 
== Artigos con moitos fallos ==
Ola Martiño, vexo que non fas moito caso ó que che din os outros usuarios e administradores, por favor empeza por arranxar os artigos que creaches no lugar de editar outros. De seguires así non pasará moito tempo sen que te bloqueen. Eu comecei a corrixir algún, mais dás máis choio do valor que teñen algúns deles. Recapacita. Un saúdo.--[[Usuario:PepedoCouto|PepedoCouto]] ([[Conversa Usuario:PepedoCouto|dimo aquí]]) 12:14, 13 abril 2009 (UTC)