Hattusilis I: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 6:
 
==Campañas militares==
 
Os seus anais dan detalle das súas campañas militares:
 
#*'''Ano primeiro''', en que puido facer a campaña mencionada de [[Zalpa]], xa que se menciona o nome (porén parece referido a unha cidade do suroestesudoeste e non do norte). A primeira cidade atacada foi [[Sanawitta]] ou Sanahwitta, cidade na que [[Pusarrumas]] designara herdeiro a [[Labarnas I]]; asolou o seu territorio e estableceu unha gornición nas inmediacións, pero non entrou na cidade; acto seguido atacou Zalpa ou [[Zabar]], que destruíu, capturando algúns carros de combate, que ofreceu como trofeo á deusa solar de [[Arinna]]; tamén fixo ofrendas no templo da deusa [[Mezulla]], unha das nove deidades de Zalpa.
 
#*Ao '''seguinte ano''' pasou por [[Adaniya]] e polo paso principal entrou en Siria por [[Alalakh]], onde era rei Ammitaqu, que era vasalo de Ammurapi de Alepo, cidade que foi destruída; entón dirixiuse a [[Warsuwa]] ou [[Ursu]] (Waršuwa ou Uršou) gobernada por un rei (chamado talvez "o servidor do deus das tormentas") supostamente vasalo de [[Kargamis]] (Kargamiš, [[Karkemish]]), que asediou. A cidade parece que tivo a axuda do rei de Alepo, do de [[Zaruar]], do de [[Zuppa]] e dos hurritas, pero finalmente foi ocupada, e despois desta Ikakali e ao final Tashiniya e Tishiniya (Teušhiniya ou Tišhiniya).
 
#*Ao '''terceiro ano''' dirixiuse ao occidente, a [[Arzawa]], pero non puido ocupar ningunha cidade e tívose que limitar a saqueos de colleitas e gando. Non se menciona ningún desastre militar pero talvez o houbo, xa que os hurritas invadiron os dominios hititas ao este, e outras terras hititas vanse rebelar; despois da campaña o rei só dominaba [[Hattusa]]. A crónica di que coa axuda da deusa solar de Arinna comezou a reconquistar as terras perdidas: primeiro [[Nenasa]] (Nenašša, a moderna [[Ak Saray]]), que lle abriu as portas. Despois librou dúas batallas contra [[Ulma]] ou [[Ullumma]] (ao sur do país, non ben localizada), que foi destruída; volveu entón ao norte co botín (sete deidades, un boi de prata e a deusa Katiti do monte Hapilanni), que ofreceu á deusa de Arinna, e o resto do botín ofreceuno ao templo da deusa Mezulla. Despois foi a [[Sallahsuwa]] (Šallahšuwa, ao sur ou suroestesudoeste), onde os seus partidarios se rebelaran, e entregouse ao rei; despois o rei volveu á súa capital.
 
#*Ao '''seguinte ano''' fixo campaña contra [[Sanahuitta]] ou [[Sanahut]] (Šanahuitta ou Šanahut, ao norte ou nordeste de Hattusa), que destruíu ao sexto mes e volveu a ofrendar o botín á deusa de Arinna. Derrotou entón aos carros de combate da [[Terra de Abbaya]] e acto seguido atacou a cidade de [[Parmanna]], que encabezaba unha coalición contra o rei hitita e que foi tomada sen resistencia. O último fito da súa campaña foi a conquista e destrución de [[Alakhkha]], cidade de situación descoñecida ata agora.
 
#*O '''quinto ano''' renovou a campaña de Siria; despois de destruír a cidade de [[Zaruna]] combateu contra a cidade hurrita de [[Hasu]] (Haššou), ao leste do [[Éufrates]], que probabelmente era o reino coñecido en asirio como [[Reino de Mama]], operacións dirixidas polo xeneral e xefe da garda real Lapalsis (Lepalšeš) e talvez por un funcionario da corte chamado "fillo de Karahnuilis".
 
[[Ammurapi II]], rei de [[Iamkhad]] (Alepo), fillo de [[Yarim-Lim III]], enviou aos seus xenerais Zukraše e Zaludi con forzas para axudaren á defensa da cidade, pero serían derrotadas por Hattusilis nas montañas [[Adalur]] (clásico ''Amanus'') e cruzou o Éufrates (foi o primeiro rei hitita que o fixo) e destruíu Hasu, e volveu a Hattusa co botín, ofrecéndoo ao templo do deus das tormentas. Despois marchou contra [[Tawanaga]] e capturou ao seu rei e decapitouno; acto seguido destruíu [[Zippasna]] e ofreceu o botín á deusa de Arinna, e despois foi contra [[Hahhu]] ou Hakhkhu, que conquistou despois de tres combates aos arredores da cidade (outra vez o botín foi para a deusa de Arinna).