Vilarchán, Tourón, Ponte Caldelas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
homónimos
Sen resumo de edición
Liña 2:
'''Vilarchán''' é unha aldea da parroquia de [[Tourón, Ponte Caldelas|Santa María de Tourón]], no concello [[Provincia de Pontevedra|pontevedrés]] de [[Ponte Caldelas]]. Segundo o [[IGE]], no ano 2007 tiña 292 habitantes (135 homes e 157 mulleres), o mesmo número que no ano anterior. Localízase a carón do alto do [[Pé da Moa]] (595 m).
 
Entre os seus edificios destaca a capela [[románica]] de San Miguel de Contixe, feita no ano 1160. Ten un espazo de terreo que facía antigamente de camposanto utilizado mesmo polos veciños de [[Caroi, Cotobade|Caroi]] ([[Cotobade]]).
As súas festas celébranse na derradeira fin de semana do mes de [[xullo]], na honra da súa patroa, a Virxe dos Remedios de Vilarchán, despois dunha novena dunha semana de duración. A novena é na Capela de San Miguel, a cal está situada preto dunha fermosa Carballeira, a do Campo de Festas da Virxe dos Remedios, no que hai dous palcos da música e un parque con randeeiras. En total, un conxunto que constitúe un amplo espazo verde duns 3.000 metros cadrados. Ten numerosos cruceiros de gran valor histórico espallados por todo o lugar.