Movemento rastafari: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "O movemento rastafari[1] é un movemento socio-cultural que considera ao emperador de Etiopía Haile Selassie[2] I, antes chamado o Príncipe Nivel Tafari (en Amharico), a encarnaci…"
 
Sen resumo de edición
Liña 1:
O movemento rastafari[1] é un movemento socio-cultural que considera ao emperador de Etiopía Haile Selassie[2] I, antes chamado o Príncipe Nivel Tafari (en Amharico), a encarnación de Cristo no seu carácter de Deus como Rei, a Marcus Garvey como a encarnación de Cristo no seu carácter de Deus como Profeta e ao Príncipe Emmanuel Charles Edwards como a reencarnación de Cristo no seu carácter de Deus como Sumo Sacerdote, conformando desta forma unha Santa Trindade. Outro alicerce fundamental é a lectura do sacro libro da tradición Etiope, titulado Kebra Nagast[3] , e a reivindicación do panafricanismo (a reivindicación de unidade dos descendentes de africanos oprimidos durante a historia recente).
 
Xurdiu nos comezos dos anos 1930 en Xamaica a partir de profecías bíblicas que atribuíron a divindade a Selassie, o desexo dos descendentes de escravos negros de volver a Africa, das aspiracións sociais e culturais da comunidade negra e dos ensinos do organizador nacido en Xamaica Marcus Mosiah Garvey que clamaba "Africa para os africanos e Europa para os europeos". A visión social e cultural de Garvey inspirou aos fundadores do movemento, que lle consideraron como un profeta.
 
O rastafarismo xurdiu entre a poboación negra de clase traballadora en Xamaica, e permanece en defensa da Supremacía Negra, que se interpreta como a supremacía do ben sobre o mal, a cor negra representa ao ben e en ningunha forma ten que ver coa cor de pel dos homes. Hoxe en día o movemento estendeuse ao longo de gran parte do mundo e ten seguidores provenientes de distintas culturas, linguas e nacións. Son erroneamente coñecidos pola súa devoción á música de reggae cando en realidade a reggae[4] non forma parte da Orde Cerimonial Rastafari.