Escroto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
algunhas correccións
Lameiro (conversa | contribucións)
algunha corrección
Liña 1:
Nos animais do sexo masculino, o '''escroto''' é unha bolsa externa de [[pel]] e [[músculo]] que contén os [[testículo]]s. É unha extensión do [[abdome]] e está localizado entre o [[pene]] e o [[ano]].
 
Nos humanos, ata a novena semana de [[xestación]], o feto macho ou femia só presenta aínda dous túbulos labio-escrotais que darán na meniña os [[labia maiora]] da vulva e o escroto no meniño. Cara ó sétimo ou oitavo mes os testículos baixarán ás bolsas escrotais.
 
[[Ficheiro:Gray1143.png|thumb|250px|right|Escroto Humano.]]
A función do ''escroto'', é manter os testículos a unha temperatura inferior á do resto do corpo (34,4º [[celsius]]) para favorece-la produción de espermatozoides[[espermatozoide]]s (espermatoxénese), a calor excesiva destrúe os espermatozoides. A regulación térmica efectúase grazas ó movemento reflexo do músculo [[cremaster]] que, contraendo o escroto, achega os testículos ó corpo cando vai frío e á inversa cando vai calor, favorecendo pola transpiración o mantemento dunha temperatura máis baixa.
 
A pel do escroto é particularmente permeable a numerosas moléculas, podería xogar un rol no sistema hormonal. O cirurxián inglés Percivall Pott (1714-1788) decatárase xa de que os nenos que foran empregados, polo seu pequeno tamaño, desenfeluxando chemineas eran máis propensos a desenvolver un [[cancro]] de escroto na idade adulta, cara ós 20 anos, o que foi un dos primeiros indicios das causas ambientais de certos cancros.
 
Aínda que a temperatura ideal varíe conforme a especie, nos animais de sangue quente parece haber unha maior necesidade de control, e de aí a necesidade e evolución do ''escroto'', a pesar do riscos que representa por non ofrecer protección aos testículos.
Liña 13:
 
Nos humanos e noutros mamíferos, o ''escroto'' fica coberto de [[pelos púbicos]] a partir da [[puberdade]].
 
 
{{Sistema reprodutor}}
 
[[Categoría:Aparato reprodutor]]