Galicia na monarquía visigoda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Córdoba -> Córdoba, España
Xandrwijk (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Historia Galega}}
No ano [[585]], [[Leovixildo]], rei [[visigodos|visigodo]] de [[Hispania]] e [[Septimania]], consegue rematar coa independencia política que os reis suevos mantiveran en Galiza dende o ano [[409]], derrotando ó derradeiro rei suevo, [[Andeca]]. Deste xeito, o territorio da chamada entón [[Gallaecia]], pasa a formar parte da órbita de poder de [[Toledo]], dende onde os monarcas [[visigodos]] exercían o seu poder tras seren expulsados da [[Galia]] polos [[francos]].
[[Ficheiro:Europe-600.jpg|thumb|left|200px|Mapa político do Suroeste europeo arredor do ano 600 d.C onde se reflicten tres diferentes territorios baixo goberno visigodo; [[Hispania]], [[Gallaecia]] e [[Septimania]].]] O período de goberno visigodo en Galiza non supuxo ningún cambio brusco en relación a épocas pasadas, de xeito que a excepción das [[diocese]]s sitas na Lusitania, as dioceses galegas seguiron a desenvolver a súa actividade con notable normalidade, manténdose activas as dioceses de [[Braga]], [[Porto]], [[Tui]], [[Iria Flavia|Iria]], [[Diocese de Britonia|Britonia]], [[Lugo]], [[Ourense]], [[Diocese de Astorga|Astorga]], [[Coimbra]], [[Lamego, Portugal|Lamego]], [[Viseu]] e [[Idanha]].