Reutlingen: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Adorian (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 17:
|partido = Independente
}}
[[Ficheiro:Germany Reutlingen Marienkirche.jpg|thumb|Igrexa da Virxe María]]
Reutlingen é unha cidade do sur do [[Estados de Alemaña|Estado]] de [[Baden-Württemberg]], [[Alemaña]]. É a capital do distrito homónimo de Reutlingen e conta, a día de hoxe con 112.458 habitantes. Reutlingen ten unha universidade de ciencias aplicadas, fundada en [[1855]], orixinariamente como escola de costura. Hoxe en día alberga unha importante industria do téxtil e maquinaria, artigos de coiro e elaboración de aceiro.
 
Liña 28 ⟶ 29:
 
Reutlingen converteuse nunha Cidade Imperial do [[Sacro Imperio Romano Xermánico|Sacro Imperio Romano]], libre de lealdade ao Duque de Württemberg. En [[1530]], o Concello de Reutlingen asinou a Confesión de Augsburgo, e en [[1580]] a Formula da Concordia, documentos clave do Luteranismo. En [[1803]], a raíz das Guerras Revolucionarias Francesas, Reutlingen perdeu a súa independencia na Mediatización e Secularización xermanas, sendo restaurada en a Württemberg.
 
==Lume e bombardeiros==
O maior desastre da historia de Reutlingen sucedeu en [[1726]], cando un gran incendio arrasou a cidade, destruíndo o 80% de tódalas vivendas e case tódolos edificios públicos, deixando a 1.200 familias sen fogar. O impacto deste lume, que durou tres días, é aínda visíbel hoxe en día.
 
Durante a [[Segunda Guerra Mundial]], partes do "V1 Vergeltungswaffe" ou "Arma da Vinganza", concretamente as ás, foron fabricadas na en Reutlingen polo que a cidade foi branco de numerosos bombardeos [[Aliados da Segunda Guerra Mundial|aliados]].
 
==Persoeiros==
O xeneral Ferdinand Heim, máis tarde coñecido coma o "Chibo expiatorio de Stalingrado", naceu en Reutlingen, ao igual que Friedrich Schlotterbeck, socialista e autor, foi líder dun grupo local de resistencia alemá. Reutlingen é tamén o lugar de nacemento de Friedrich List un destacado economista xermano-americano.
 
==Lugares de interese==
* Igrexa da Virxe María, construída en estilo [[gótico]] nos [[Século XIII|séculos XIII]] e [[Século XIV|XIV]]. Preto hai unha estatua do emperador Federico II.
* Marktbrunnen ("Fonte do Mercado", [[século XVI]]), coroada pola estatua do emperador Maximiliano II.
* Spitalhof, construído coma hospital no [[século XIV]]. Danado polo lume, foi case enteiramente reconstruído no [[século XVIII]].
* Igrexa de San Nicolás, construída no [[século XIV]] coma capela.
* Gerber- und Färberbrunnen ("Fonte dos Curtidores e Tintureiros"), [[1920]+.
* Casa do Concello, construída en [[1966]].
 
==Universidade==
A Universidade de Reutlingen é unha universidade de ciencias aplicadas, centrándose sobre todo na aprendizaxe práctica, o que se pon de manifesto coas súas prácticas obrigatorias. A universidade colabora internacionalmente con outros 111 campus arredor do mundo. As clases son habitualmente en [[lingua alemá|alemán]] porén, hai clases programadas en [[lingua inglesa|inglés]].
 
==Cidades irmandadas==
* {{SUIb}} Aarau, Aargau, [[Suíza]], dende [[1986]].
* {{CIVb}} Bouaké, Bouaké, [[Costa do Marfil]], dende [[1970]].
* [[Ficheiro:Flag of Tajikistan.svg|20px]] Dushanbe, [[Taxiquistán]], dende [[1990]].
* {{RUb}} Ellesmere Port and Neston, Cheshire, [[Reino Unido]], dende [[1966]].
* {{DEUb}} Pirna, [[Saxonia]], [[Alemaña]].
* {{USAb}} Reading, [[Pensilvania]], [[Estados Unidos]], dende [[1998]].
* {{FRAb}} Roanne, Loire, [[Francia]], dende [[1958]].
* {{HUNb}} Szolnok, Jász-Nagykun-Szolnok, [[Hungría]], dende [[1990]].
 
==Ligazóns externas==
*[http://www.reutlingen.de/ Páxina Web Oficial]
*[http://www.reutlingen-university.de/ Universidade de Ciencias Aplicadas de Reutlingen]
*[http://wetter.rtl.de/deutschland/uebersicht.php?id=10738&id2=10738&ort=Reutlingen/ O Tempo]
 
{{Cidades de Baden-Württemberg}}