Reutlingen: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Adorian (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 21:
==Xeografía==
Reutlingen está no recuncho sudoeste de Alemaña, preto de [[Stuttgart]], está preto da [[Cordilleira do Xura|Xura]] de Suabia, e por elo é habitualmente coñecida como a Porta á Xura de Suabia (en [[lingua alemá|alemán]]: ''Das Tor zur Schwäbischen Alb'').
 
==Historia==
Os primeiros asentamentos no área créese que datan do IV ou V séculos. Arredor de [[1030]], o Conde Egino comezou a construír un castelo no cumio do Achalm, unha das montañas máis grandes do distrito de Reutlingen (sobre 706 m). Unhas das torres deste castelo aínda hoxe fica aberta para os visitantes. O nome de Reutlingen foi mencionado na escritura por primeira vez no chamado Tratado de Bempflingen (en [[lingua alemá|alemán]]: ''Bempflinger Vertrag''), que data aproximadamente de entre [[1089]] e [[1090]].
 
Arredor de [[1180]], Reutlingen recibiu dereitos de mercado e, entre [[1220]] e [[1240]] recibiu o status de cidade, construíndose as murallas e fortificacións. Pouco despois, entre [[1247]] e [[1343]], unha das principais atracción da cidade, a Igrexa de Santa María (en [[lingua alemá|alemán]]: Marienkirche), foi construída.
 
Reutlingen converteuse nunha Cidade Imperial do [[Sacro Imperio Romano Xermánico|Sacro Imperio Romano]], libre de lealdade ao Duque de Württemberg. En [[1530]], o Concello de Reutlingen asinou a Confesión de Augsburgo, e en [[1580]] a Formula da Concordia, documentos clave do Luteranismo. En [[1803]], a raíz das Guerras Revolucionarias Francesas, Reutlingen perdeu a súa independencia na Mediatización e Secularización xermanas, sendo restaurada en a Württemberg.
 
{{Cidades de Baden-Württemberg}}