Lucas de Tui: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: en:Lucas de Tuy
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
Sendo coengo en León ([[1221]]-[[1239]]), Lucas tivo que defender a causa de [[Isidoro de Sevilla]] (''De Miraculis Sancti Isidori''). Viaxou por [[Roma]], [[Constantinopla]], [[Chipre]], [[Xerusalén]], [[Armenia]] e [[Francia]]. Afirma ter visto os supostos catro cravos da [[crucifixión]] de [[Xesús Cristo]], un en Francia, outro en [[Nazaret]], outro en [[Tarso]] e o cuarto en Constantinopla. En [[1233]] ou [[1234]] pasou a [[Páscoa]] en Roma e desde [[1239]] até a súa morte foi bispo de Tui.
 
En ''De altera vita fideique controversiis adverusadversus Albigensium errores'' [[1234]] combate a [[herexía]] [[albixense]] inspirándose en [[San Isidro]] e [[San Xerónimo]]. A petición da raíña [[Berenguela]] redactou en [[1236]] o ''Chronicon mundi'', a súa mellor obra. Abarca desde as orixes do mundo até 1236 e presenta un dobre marco, universal e [[península Ibérica|peninsular]]. Divídese en catro partes e as fontes principais son [[Isidoro de Sevilla|San Isidoro]], o [[Biclarense]], [[Hidacio]], [[Paulo Orosio]], [[Afonso III]] o [[Silense]] e [[Sampiro]]. Pretendía ser unha réplica castelá ás grandes historias universais que tan populares eran na Europa do momento, ao tempo que actualizaba o labor histórico de San Isidro. Ten importancia tamén para coñecer a [[épica medieval]].
 
[[Categoría:Personalidades da historiografía]]