Hockenheim: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Nova páxina: "{{Cidade Alemaña |nome = Hockenheim |imagen_eda = Wappen Hockenheim.png |imagen_mapa = Karte Deutschland.svg |estado = Baden-Württemberg |regbzk = [[Rexión de Karlsruhe|Karlsr…"
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 8 de abril de 2009 ás 22:19

Modelo:Cidade Alemaña Hockenheim é unha vila de Alemaña de 21.000 habitantes situada no Land de Baden-Württemberg. É unha das seis cidades meirandes do distrito de Rhein-Neckar-Kreis district. En 1999, o número de habitantes pasou dos 20.000 polo que, o goberno da vila acordou unha administración central coas municipalidades veciñas de Altlußheim, Neulußheim e Reilingen.

Política

 
Igrexa Evanxélica

A partir das últimas eleccións locais do 13 de xuño de 2004, o consello local de Hockenheim está integrado por 22 membros, que teñen a denominación de "Stadtraetin/Stadtrat". Dirixindo a cidade está o alcalde, que é elixido directamente pola poboación cada oito anos. O seu representante permanetne é o "Erste Beigeordnete", coa designación de "Bürgermeister" (Burgomestre).

Escudo

Adoptado en 1609, o escudo de armas de Hockenheim está composto por dous ganchos de prata cruzados diagonalmente coroados por un león dourado. O león é o animal do Palatinado Electoral, ao que pertencía a vila. Os gancho son probabelmente derivados polo nome do lugar. A forma dos símbolos trocou varias veces mais a súa forma actual está especificada por lei municipal dende 1895.

Deporte

 
Hockenheimring

O Hockenheimring, é un circuíto construído en 1932, e acolle o Gran Premio de Alemaña de Formula 1 dende 1970, concretamente 28 veces nos últimos 35 anos.

Cidades irmandadas

Véxase tamén