Diferenzas entre revisións de «Ergotismo»

máis
(máis)
(máis)
{{en uso}}
[[Ficheiro:Rogge moederkoren Claviceps purpurea on Secale cereale.jpg|thumb|right|250px|Cornizó do centeo]]
O '''ergotismo''', denominado no uso coloquial como "fogardente", "fogo ardente" ou "fogo de San Antón", é unha enfermidade causada pola inxesta de alimentos contaminados por [[micotoxina]]s (toxinas producidas por fungos parasitos), ou por abuso de medicamentos que conteñan esta mesma substancia. Está causado fundamentalmente polo [[cornizó]] ou caruncho (''Claviceps purpurea'') que contamina o [[centeo]] e, moito menos frecuentemente, a [[avea]], o [[trigo]] ou a [[cebada]].
Foi descrito por vez primeira por [[Dodart]] en [[1676]], en enfermos que presentaban transtornos psíquicos, dolores musculares e gangrenas nos pés tras consumir [[pan]] feito con centeo contaminado. [[Galeno]] xa describira uns cadros similares pero non estableceu relación ningunha coa alimentación.
 
==SintomatoloxíaCadro clínico==
As substancias activas nas micotoxinas son todas [[polipéptido]]s derivados do [[ácido lisérxico]].
As substancias activas nas micotoxinas son todas [[polipéptido]]s derivados do [[ácido lisérxico]]. Os efectos do envelenamento poden traducirse en [[alucinación]]s <ref>Isto deu lugar á cuestión case lendaria do "pan da tolemia" e dos [[Misterios eleusinos]]. </ref>, convulsións e fenómenos vasoconstritores, que poden conducir á [[necrose]] dos tecidos e a aparición de [[gangrena]] nas extremidades, principalmente. A enfermidade empezaba manifestándose cun frío intenso e repentino en todas as extremidades para converterse nunha queimazón aguda (de aí os nomes populares de ''fogo ardente'', ''fogo de San Antón'' e outros). Moitas vítimas lograban sobrevivir pero quedaban mutiladas: podían chegar a perder todas as extremidades. Nas mulleres embarazadas producía invariablemente abortos.
 
A intoxicación preséntase baixo dúas formas clínicas:
* Tipo gangrenoso: con inflamación dolorosa das extremidades, sensación de frío e fenómenos vasoconstritores, que poden conducir á [[necrose]] dos tecidos e a aparición de [[gangrena]] nas extremidades, principalmente, con posible perda destas.
* Tipo convulsivo: con convulsións, axitación mental, delirio e perturbacións sensoriais. A intoxicación pode traducirse en [[alucinación]]s <ref>Isto deu lugar á cuestión case lendaria do "pan da tolemia" e dos [[Misterios eleusinos]]. </ref>.
 
O frío intenso e repentino en todas as extremidades é un dos síntomas iniciais, para converterse nunha queimazón aguda (de aí os nomes populares de ''fogo ardente'', ''fogo de San Antón'' e outros). Moitas vítimas lograban sobrevivir pero quedaban mutiladas: podían chegar a perder todas as extremidades. Nas mulleres embarazadas producía invariablemente abortos.
 
Existía outra variante desta intoxicación na que o paciente sufría intensas dores abdominais que finalizaban nunha morte súbita.
58.640

edicións