Culleredo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Axustes varios
Liña 65:
 
==Economía==
ÉsteEste é un municipio fortemente influenciado pola súa proximidade á cidade da [[Coruña]], o que provoca que as [[parroquia]]s limítrofes coa cidade estean moi urbanizadas, achegando a parroquia de Rutis 9.500 habitantes e a de O Burgo aproximadamente uns 7.000 á poboación municipal. Estas parroquias están na súa meirande parte habitadas por xente moza que desenvolve as súas actividades profesionais na cidade da Coruña ou nos polígonos [[industria]]is das súas aforas. En cambio, as outras parroquias son semirrurais e a poboación está integrada por persoas de maior idade en proporción e, en moitos máis casos está dedicada ó sector primario. Dentro deste segundo grupo de parroquias cabe distinguir dous grupos, o formado por Almeiras e Tarrío, grandemente influenciados pola presenza do [[aeroporto de Alvedro]] e do polígono industrial do mesmo nome. Concentradas no [[sector secundario]], a primeira, e ós servizos institucionais como capital do municipio (Tarrío), e ó sector gandeiro, con "Ganaderías Paquito" á cabeza, a segunda. Por outro lado todas as demais están orientadas cara ó sector primario, aínda que tamén sexa importante a presenza nelas de moitas segundas residencias de cidadáns da [[Coruña]].
 
En canto ás comunicacións, atravesan o municipio as autoestradas AP-9 ([[A Coruña]]-[[Santiago de Compostela|Santiago]]-[[Vigo]]-[[Portugal]]) e A-6 ([[Madrid]]-A Coruña); as liñas de tren a Santiago de Compostela, Madrid e [[Lugo]]; a N-550 Santiago de Compostela-A Coruña e a AC-400 [[Muros]]-[[Ponte do Porco]]. Tamén ten o [[aeroporto de Alvedro]] no termo municipal.