Pentateuco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
bibliografía
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m correccións e arranxiños
Liña 4:
== Contido ==
 
O Pentateuco recolle os acontecementos que rodearon o nacemento de Israel como pobo escolleito por Deus. Desde os patriarcas ata a chegada á terra prometida.

Recollemos agora o contido dos libros sen entrar na súa historicidade:
 
=== Xénese ===
 
Comeza cos relatos cosmogónicos da creación do mundo e do home. Seguen relatos etiolóxicos, que reflexionan sobre oa sentidocausa do mal no mundo: o paraíso e o pecado orixinal, [[Caín]] e [[Abel]], [[Noé]] e o diluvio universal, e remata coa [[Torre de Babel]].
 
A segunda parte do libro trata dos patriarcas, xefes de clans nómadas que recorrían o que hoxe é Oriente Medio. Comeza por [[Abraham]], chamado por Deus de [[Ur]] de [[Caldea]] para que sexa pai dun gran pobo. O relato narra a alianza de Deus con Abraham, a historia da súa descendencia, cos seus fillos [[Ismael]] pai dos [[ismaelitas]], é dicir, os [[árabes]]; e Isaac; a súa relación co seu sobriño [[Lot]] e o relato derivado sobre o pecado e castigo de [[Sodoma]] e [[Gomorra]], e o sacrificio de Isaac.
 
Isaac colle despois o protagonismo, el e mailos seus fillos [[Esaú]] e [[Xacob]], o enfrontamento entre estes polos dereitos de primoxenitura, que implicaba herdar todo, tanto bens materiais como dereitos de primacía no clan, e a súa posterior reconciliación. De Xacob escoitamos o relato das súas viaxes,os seus matrimonios e os seus doce fillos, os pais das doce tribos de Israel.
 
O seu penúltimo fillo [[Xosé]], é protagonista do final do libro. As súas visións, a envexa dos seus irmáns, a súa venta como escravo ao ministro do Faraón. O seu posterior ascenso ao goberno de [[Exipto]] e como axuda aos seus irmáns. O libro remata co establecemento de XAcobXacob e os seus doce fillos en Exipto.
 
=== Éxodo ===
 
O libro comeza cos israelitas covertidos en escravos dos exipcios. Un neno israelita, [[Moisés]] é confiado ao río para protexelo da furialei de [[Faraón]]. Aporfillado por unha princesa exipcia, chega a ser un persoeiro importante da corte ata que, xa adulto, descobre a súa auténtica orixe. Exiliado por orde de Faraón, Deus móstraselle no [[Sinaí]] e o envía como liberador do seu pobo.
 
Convertido en profeta, Moisés volta a Exipto e esixe a Faraón a liberdade dosdo seu pobo. Ante a negativa deste, Deus por mediación de Moisés envía dez plagas que asolan Exipto, ata que Faraón cede e os deixa marchar ceibes. Cando máis tarde o rei exipcio os persigue para castigalos, Moisés abre o [[Mar Roxo]] para que o pobo poida fuxir a pé seco, cando o pecha de novo todo o exercito de Faraón morre afogado.
 
A través do deserto chega todo o pobo ao monte Sinaí. Alí Deus fai alianza co seu pobo e lle entrega a Moisés a lei pola que se rexerá Israel e as táboas dos [[Dez Mandamentos]]. Pero, namentras, o pobo faise un becerro de ouro ao que adoran, ao baixar do monte, Moisés destrúe o ídolo e Deus castiga aos que o adoraron.
 
O libro remata coa construción da tenda do encontro e da [[Arca da Alianza]], lugar da presenza de Deus no medio de seu pobo.
Liña 34 ⟶ 36:
* Capítulos 8 a 10: leis sobre os sacerdotes, consagración dos mesmos e normas sobre a súas funcións.
 
* Capítulos 11 a 16: normas sobre pureza legal, condiocióncondición dos alimentos para ser puros, pureza legal nas enfermidades, e sobre a roupa ou as casas.
 
* Capítulos 17 a 23: lei da santidade do pobo, dos sacerdotes e dos días festivos.
Liña 47 ⟶ 49:
=== Deuteronomio ===
 
O título grego co que coñecemos este libro significa lei (nomos) posteriorsegunda (deuteros). E ese é o seu contido, a lei que rexirá a vida do pobo. Se o Levítico regula a vida relixiosa, este fai o propio coa civil.
 
Comeza cunha sección narrativa onde relata parte dos acontecementos que seguiron á Alianza do Sinaí.
 
Esta narración serve de prólogo á sección central e con diferencia a máis grande, onde se recolenrecollen as leis de Israel. Son presentadas como concreción da Alianza e rexen con bastante detalles practicamente tódolos aspectos da vida, tanto pública como privada.
 
Remata con outra seción narrativa onde relata a fin do éxodo polo deserto e a morte de Moisés no monte [[Nebo]], xa á vista da Terra Prometida, pero sen que Deus lle permita entrar nela.
 
== Autor ==
 
A tradición atribuiulle sempre o Pentateuco a Moisés. Un autor que era a un tempo líder, cronista da historia do seu pobo e lexislador que promulgaba as leis polas que tiña que rexirse.
 
Co inicio da ciencia bíblica, aos primeiros do século XIX, esta atribución comeza a poñerse en dúbida. Primeiro por unha constatación bastante obvia: se Moisés é o autor, ¿cómo pode ser que no Deuteronomio escriba a súa propia morte?
Liña 75 ⟶ 77:
 
=== Iavista ===
 
Chámase así porque denomina a Deus ''Iavé'' (en hebreo co tetragrama sagrado IHWH). É a tradición maís anterga, arredor do ano [[-950]]. É unha tradición humanista, centrada na relación entre o ser humano e Deus. Considerada a de máis calidade literaria, da súa autoría son, por exemplo, os relatos da criación do home, no capítulo 2 do libro, ou boa parte do relato de Abraham.
 
Liña 83 ⟶ 86:
=== Sacerdotal ===
 
Responsable, entre outros textos, da famosa criación do mundo en sete días, ou de odo libro do Levítico. Dátase no século VI antes de Cristo. A súa preocupación e fundamentar as normas sobrepolas que se rixen as purezacuestións ritualrelixiosas. O seu nome ven de que, polo estilo e a teoloxía subxacente, supónse obra de sacerdotes do [[Templo de Xerusalén]].
 
=== Deuteronomista ===
Liña 93 ⟶ 96:
Os autores destas tres fontes tamén foron os responsables da forma actual do texto. Nun primeiro momento uníronse as tradicións iavista e elohísta. Posteriormente, os autores da tradición sacerdotal fixeron o seu engadido e, finalmente os deuteronomistas apotaron o seu material e xuntándoo coas outras tradicións, lle deron ao texto a forma que hoxe coñecemos.
 
Os autores, para ir creando o texto, utilizaron ao método da iustaposición. Salvo en casos moi concretos, unha tradición uníase a outra, poñendo os materiais un a carón do outro ao longo dunha liña cronolóxica definida de antemán. Este método de construcción do texto explica en parte a desorde do libro de Números o fai que en ocasións nos atopemos seguidas dúas versións dun mesmo relato. O exemplo máis famoso atopámolo na criación do mundo: hai un primeiro relato, o da criación do mundo en sete días, obra dos autores sacerdotais; a seguir del empeza o relato iavista que pasa moi rápido pola criación do mundo para centrarse na criación do home e da muller (ao coñecido relato do barro e a costela).
 
Este sistema de traballo da lugar a un texto que pode resultar difícil para o lector, sobre todo o que se achega por primeira vez ao texto, ás veces o libro parece contradecirse, ou, noutros casos, cando rematou de explicar algo parece volver a empezar. Pero tamén ten dúas enormes vantaxes.