Lied der Deutschen: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Hugo22 (conversa | contribucións)
Nova páxina: "'''''Das Lied der Deutschen''''' ou '''''Das Deutschlandlied''''' (''A canción dos alemáns ou A Canción de Alemaña'') é o himno nacional de Alemaña, cuxa letra foi escr…"
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 5 de abril de 2009 ás 14:32

Das Lied der Deutschen ou Das Deutschlandlied (A canción dos alemáns ou A Canción de Alemaña) é o himno nacional de Alemaña, cuxa letra foi escrita por August Heinrich Hoffmann von Fallersleben en 1841 con música de Joseph Haydn, quen a compuxera orixinalmente en 1797 como parte dun cuarteto de cordas (Kaiserquartett). A mesma partitura, pero con texto de Leopold Haschka, foi o himno do Imperio Austrohúngaro, Gott erhalte Franz den Kaiser. Posteriormente, mantívose a melodía, pero a letra mudouse.

Situación actual

Actualmente, o himno correspóndese coa terceira estrofa. Así foi desde a fundación da República Federal de Alemania e así se oficializó en dúas ocasións: a primeira en 1952 por un intercambio de correspondencia entre o Presidente Federal Theodor Heuss e o Canciller Federal Konrad Adenauer;[1] o estatus foi confirmado en 1990 nun intercambio de correspondencia entre o Presidente Federal Richard von Weizsäcker e o Chanceler Helmut Kohl.[2]

Orixes e historia

O texto xurdiu nunhas circunstancias moi concretas, cando non existía un Estado alemán, senón que o territorio estaba divido nunha morea de cidades-estados e provincias, que paseniñamente foron asimiladas cara ao goberno central de Berlín ata converterse no Imperio Alemán en xaneiro de 1871. Logo da Primeira Guerra Mundial, este texto, escrito 30 anos antes da unificación alemá, converteuse en himno nacional. A primeira estrofa «Deutschland, Deutschland über alles», malia que orixinariamente expresaba sinxelamente unha arela de unidade nacional, quedou vencellada co imperialismo alemán e, logo, co goberno nazi e a súa política abertamente expansionista. Entre 1933 e 1945, cantábase a primeira estrofa e logo o Horst Wessel Lied, o himno do partido nazi.


Letra

Deutschland, Deutschland über alles,
Über alles in der Welt,
Wenn es stets zu Schutz und Trutze
Brüderlich zusammenhält;
Von der Maas bis an die Memel,
von der Etsch bis an den Belt:
Deutschland, Deutschland über alles,
Über alles in der Welt!

Alemania, Alemania sobre todo,
sobre todo no mundo,
se sempre quédase unida fraternalmente
para a protección e maila defensa.
Dende o río Mosa ata o río Niemen,
Dende o río Etsch ata o Belt,
Alemaña, Alemaña sobre todo,
¡sobre todo no mundo!


Deutsche Frauen, deutsche Treue,
Deutscher Wein und deutscher Sang
Sollen in der Welt behalten
Ihren alten schönen Klang,
Uns zu edler Tat begeistern
Unser ganzes Leben lang:
Deutsche Frauen, deutsche Treue,
Deutscher Wein und deutscher Sang!

Mulleres alemás, lealdade alemá,
Viño alemán e cancións alemás
Seguirán moi altamente estimados
En todo o mundo,
E inspirarannos fazañas nobles
Toda a nosa vida.
¡Mulleres alemás, lealdade alemá,
Vió alemán e cancións alemás!


(Terceira estrofa, himno oficial da República)

Einigkeit und Recht und Freiheit
Für das deutsche Vaterland!
Danach lasst uns alle streben
Brüderlich mit Herz und Hand!
Einigkeit und Recht und Freiheit
Sind des Glückes Unterpfand;
Blüh im Glanze dieses Glückes,
Blühe, deutsches Vaterland.

Unidade e xustiza e liberdade
Para a patria alemá;
Iso persigamos todos
Fraternalmente con corazón e man.
Unidade e xustiza e liberdade
Son o voto da felicidade;
Florece co brillo desa sorte,
Florece, patria alemá.

Referencias

  1. A corespondencia entre Adenauer e Heuss (1952) (en alemán)
  2. A correspondencia entre Helmut Kohl e Richard von Weizsäcker (1991, en alemán)

Véxase también

Ligazóns externas