Pedofilia: Diferenzas entre revisións

Parafilia en que unha persoa adulta sente atracción sexual por menores de idade
Contido eliminado Contido engadido
traduzo do castelán
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 4 de abril de 2009 ás 15:26

A pedofilia (do grego παιδοφιλια e este de παις-παιδος páis-paidós, «pícaro, cativo, neno», e φιλíα filía, «amizade») é a inclinación sexual por parte de adultos a sentir unha atracción sexual primaria cara a nenos.

Considérase paidofilia etimoloxicamente máis correcto que pedofilia, se ben esta segunda forma é máis usada. Na linguaxe común, pedófilos son considerados aqueles que abusan sexualmente a nenos. Porén, «pedofilia» confúndese co termo «pederastia». A pesar de que etimoloxicamente significan o mesmo (xa que ambas as dúas se basean en paidós: «neno» ou «adolescente»), a pedofilia non se refire ao abuso sexual, senón á mera tendencia sexual ou atracción sentida por un home adulto cara a un menor.