Diferenzas entre revisións de «Watchmen»

(algo máis)
 
===Productos relacionados===
 
En [[1987]], [[Mayfair Games]] produciu dous módulos de aventuras basados en ''Watchmen'' para o seu [[xogo de rol]] ''[[DC Heroes]]''. Eses módulos, titulados "Who Watches the Watchmen?" (''¿Quén Vixía ó Vixiante?'') e "Taking out the Trash" (''Sacando a Basura''), incluían información de fondo sobre o universo ficticio de ''Watchmen'', aprobada por [[Alan Moore]]. A súa aprobación fixo desas publicacións valiosas para os fans como a única fonte externa de información suplementaria sobre as personaxes da historia (especialmente das personaxes menores, como os Minutemen e [[Moloch (comic)|Moloch]]).
 
[[DC Comics]] tamén lanzou unha edición limitada de insignias cas personaxes e imaxes da serie. Estas insignias causaron friccións entre Moore e DC, pois DC afirmaba que eran "obxectos promocionais" e non merchandising, polo que non tiña que pagar royalties por eles a Moore e a Gibbons.
 
Falouse dunha posible secuela, pero [[Alan Moore]] enfrontouse a [[DC Comics]] sobre asuntos de censura, e rápidamente detivo calquera potencial novo traballo que planexaba facer para DC. Isto tamén detivo a creación dunha serie de figuras de acción sobre ''Watchmen'' que ía ser lanzada por DC Direct, a liña de xoguetes da compañía, aínda que xa foran creados prototipos dalgúnhas personaxes, como o Dr. Manhattan e Silk Spectre II.
 
===Parodia===
 
''Watchmen'' (xunto a [[Crisis on Infinite Earths|Crises en Terras Infindas]], [[Secret Wars|As Guerras Segredas]], [[DKR|O Regreso do Señor da Noite]] e outros crossovers e "eventos" dos cómics da época) foi parodiada pola serie do Home Radioactivo de [[Simpsons Comics]] no número 679 (Setembro 1994), titulado "Who Washes The Washmen's Infinite Secrets Of Legendary Crossover Knight Wars?" (~''¿Quén Lava os Infindos Segredos dos Lavadores do Lendario Crossover das Guerras do Cabaleiro?'') de [[Steve Vance]].
 
==Adaptación cinematográfica==
 
[[Category:Obras de cómic]]
4.515

edicións