Watchmen: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Chlewbot (conversa | contribucións)
m robot Añadido: fi, ja
algo máis
Liña 18:
A continuación móstrase unha lista das personaxes principais:
* [[The Comedian|O Comediante]] (Edward Blake), adaptado a partir de [[Peacemaker (cómic)|Peacemaker]].
* [[Doctor Manhattan|Doutor Manhattan]] (Jon Osterman), adaptado a partir dedo [[Captain Atom|Capitán Átomo]].
* [[Nite Owl|Búho Nocturno]] I (Hollis Mason), adaptado a partir de [[Blue Beetle|Blue Beetle (Dan Garrett)]].
* [[Nite Owl|Búho Nocturno]] II (Dan Dreiberg), adaptado a partir de [[Blue Beetle|Blue Beetle (Ted Kord)]].
Liña 42:
Anos despois, en [[agosto]] de [[1959]] ''Jon Osterman'' morre aparentemente nun accidente no centro de investigación no que traballa. Meses despois, o [[22 de novembro]] dese ano, reaparece como un home alto, calvo e de pel azul. Tras a súa reaparición Jon descobre que pode crear campos de forza, transmutar e crear materia, teleportarse e mover obxetos telequinéticamente. Jon toma entón o nome de ''Doutor Manhattan'' (como referencia ó [[Proxecto Manhattan]]) e comeza a traballar para o goberno estadounidense.
 
As capacidades de Osterman permitíríanlle facer importantes descobrementos tecnolóxicos que cambiarán o seu mundo, creando así a maioría das diferenzas entre o mundo de ''Watchmen'' e o noso. Así mesmo, a existencia do Doutor Manhattan desestabiliza a [[Guerra Fría]] e os Estados Unidos vólvense máis agresivos. O [[Richard Milhous Nixon|Presidente Nixon]] pide a Osterman que interveña na [[Guerra de Vietnam]], tres meses despois, a guerra remata e [[VietmanVietmam]] convértese nun novo estado dos ''Estados Unidos'', o que proporcionou a Nixon unha popularidade sen precedentes (o escándalo do [[Watergate]] nunca ocorreu), obtendo un terceiro e cuarto mandato presidencial.
 
En [[1977]], tras multitudinarias manifestacións en contra dos heroes enmascarados baixo o lema ''¿Quén vixía ó vixiante?'', apróbase a ''Acta Keene'', que prohíbe a actuación de tódolos heroes enmascarados excepto de aqueles que traballan para o goberno (Doutor Manhattan e o Comediante). A maioría dos enmascarados retírase, excepto ''Rorschach'', que se converte nun ''fóra da lei''.
Liña 49:
{{spoiler}}
 
En [[outubro]] de [[1985]], Walter Kovacs (Rorschach) investiga o asasinato de Edward Blake e descobre que Blake era en realidade O Comediante, un antigo heroe enmascarado e axente do goberno. Formulando a teoría de que o asasinato de Blake é parte de unhadunha conspiración para elimina-los aventureiros enmascarados, Kovacs comeza a avisar a algúns dos outros heroes: Jon Osterman (Doutor Manhattan), Laurel Jane Juspeczyk (Silk Spectre II), Dan Dreiberg (Búho Nocturno II) e Adrian Veidt (Ozymandias). Juspeczyk e Dreiberg retiráronse tempo atrás debido á Acta Keene aprobada en [[1977]], que prohibía a actuación dos heroes enmascarados. Osterman está exempto, por ser (xunto a Blake) un axente do goberno dos EEUU. Veidt retirouse voluntariamente, en [[1975]] revelou públicamente a súa identidade e empregou a súa reputación e intelixencia para construir unha enorme fortuna persoal.
 
O mundo de ''Watchmen'' é escuro e violento, cos [[Estados Unidos]] e a [[Unión Soviética]] ó borde dun enfrentamento nuclear. Pero dende o accidente que en [[1959]] transformou a Osterman no superpoderoso Doutor Manhattan (a única personaxe de ''Watchmen'' con superpoderes), os EEUU desfrutan dunha considerable vantaxe estratéxica, permitíndolles forzar á Unión Soviética a unha serie de derrotas, a máis notable das cales foi a de [[Vietnam]]. Este desequilibrio incrementou dramáticamente a tensión global. Anticipándose a unha aparentemente inevitable guerra global, a sociedade americana ten un xeral sentimento fatalista sobre o futuro.
 
En [[1966]], Veidt, observando a indiferencia de Osterman con respecto á humanidade, forma a hipótese de que os gastos militares e o dano medioambiental levarán a unha catástrofe global antes dos anos noventa. Como parte nundun elaborado plan para evitar isto, Veidt actúa para acelera-la isolación de Osterman expoñendo a "máis de dúas docenas" de antigos asociados e inimigos de Osterman a radiación nociva, producíndolles varios [[cancro]]s, ó mesmo tempo que manipula á prensa para que especule que o mesmo Osterman é a causa.
 
Ca revelación pública desas sospeitas, Osterman telepórtase a [[Marte (planeta)|Marte]] para reflexionar sobre a súa vida. A súa ruptura co goberno estadounidense incita o oportunismo Soviético ca invasión de [[Afganistán]], agravando enormemente a crise global. A só días da [[guerra nuclear]], e tras ser convencido para voltar á [[Terra]], Osterman xunto a Kovacs, Juspeczyk e Dreiberg enfróntase a Veidt na base [[Antártida|Antártica]] deste, pero demasiado tarde como para evita-la fase final do seu plan: empregando un aparato de [[teleportación]], transporta unha criatura psiónica xenéticamente deseñada ata o corazón de [[Nova York]], sabendo que a explosión resultante e a onda [[parapsicoloxía|psíquica]] matará a metade dos habitantes. O flash psíquico está deseñado para convence-los surperviventes de que a criatura era a primeira dunha potencial forza invasora alieníxena. Ante esta ameaza externa, os [[Estados Unidos]] e a [[Unión Soviética]] cesan as hostilidades e asinan un acordo para afrontar xuntos esta aparente ameaza.
Liña 60:
 
Pero, antes de enfrontarse a Veidt na Antártida, Kovacs enviou o seu diario detallando as súas sospeitas ó "The New Frontiersman" (''O Novo Colono''), un periódico de [[extrema dereita]] que lia frecuentemente. A última imaxe da serie mostra a un editor do ''Frontiersman'' pensando en qué carta do "montón dos chiflados" (no que está o diario de Kovacs) empregará para encher duas páxinas do seguinte número.
 
==Detalles da publicación==
 
===Edicións===
Oixinalmente publicado como miniserie de doce episodios (o último foi publicado case un ano despois dos anteriores), Watchmen foi despois impresa como novela gráfica (ISBN 0930289234).
 
Unha edición especial de tapa dura foi producida por [[Graphitti Designs]] en [[1987]], contendo 48 páxinas de material extra, incluíndo a proposta orixinal e os bocetos preliminares.
 
O [[5 de outubro]] de [[2005]], DC publicou ''Absolute Watchmen'' (ISBN 1401207138), unha edición en tapa dura para celebra-lo 20º aniversario da obra. O libro foi recoloreado en [[Wildstorm FX]] baixo a dirección de Dave Gibbons. O novo libro tamén inclúe o material extra da edición de Graphitti.
 
===Productos relacionados===
 
[[Category:Obras de cómic]]