Manuel Daniel Varela Buxán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Outroshomónimos|Varela}}
'''Manuel Daniel Varela Buxán''' naceu en [[Lamas, A Estrada|Lamas]] ([[A Estrada]]) o 2 de marzo de [[1909]]. En 1919, Varela Buxán trasladaráse a Cádiz co seu padriño, que tiña un fritidor de peixe, permanecendo na cidade gaditana durante dez meses. Con vinte e un anos, viuse na obriga de emigrar para [[Arxentina]]. Na capital deste Estado, [[Bos Aires]], funda a compañía Aires da Terra. En [[1938]], estrea nesa cidade a súa primeira obra de éxito: ''Se o Sei...Non Volvo á Casa''.
 
En [[Arxentina]] casou coa actriz [[Maruxa Villanueva]], coa que funda a Compañía de Teatro Marujita Villanueva. En [[1942]], [[Alfonso Daniel Rodríguez Castelao]] asistíu á representación da obra de Varela Buxán ''Pola Nosa Culpa''. Marabillado do éxito de público co que contaba a dramática de Varela Buxán, [[Alfonso Daniel Rodríguez Castelao|Castelao]] confíalle á compañía Marujita Villanueva a estrea da súa obra ''Os Vellos Non Deben de Namorarse''. Precisamente, a representación desta obra alternaba cada dez días con outra de Varela Buxán: ''Taberna sen Dono''.
Liña 6:
En [[1950]] torna a [[Galiza]], onde continúa desenvolvendo o seu labor teatral. As súas obras non gozaron de edición escrita ata a década de 1970.
 
Manuel Daniel Varela Buxán, principal dramaturgo da literatura na diáspora e que é considerado coma o "Patriarca do Teatro Galego", falece en Cercio (A Estrada) o 25 de setembro de [[1986]], á idade de 77 anos.
 
O teatro de Varela Buxán é un teatro que se adecúa sen problemas ao gusto do emigrante galego da época. Tratábase dunha dramática costumista, ruralista e folclórica; de evocación do país e con abondosas pasaxes cómicas, de maneira que a súa creación teatral garda relación coa de [[Xavier Prado Rodríguez|Xavier Prado "Lameiro"]]. Así mesmo, tamén se recolle no seu a reivindicación dos problemas de [[Galiza]].