Francisco Espoz y Mina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Trocar espazo de nomes 'Imaxe:' e/ou 'Image:' por 'Ficheiro:'
León -> León, España; arranxiños; artigo orixinal traducido de fr:Francisco Espoz y Mina
Liña 1:
[[Ficheiro:Espoz y Mina-galeria.jpg|thumb|right|220px|Retrato e sinatura de Mina.]]
 
[['''Francisco Espoz y Mina]]''', (n.nado co nome de '''Francisco Espoz e Ylundain,''' en [[Idozin]] ([[Navarra]]) o [[17 de xuño]] de [[1781]] e falecido en [[Barcelona]] o [[14 de decembro]] de [[1836]]), foi un guerrilleiro e militar español, que se distinguíu na loita contra os franceses durante a [[Guerra de Independencia española]]. Foi asimesmo un tenaz loitador pola implantación do liberalismo en España.
 
==Primeiros anos==
''Francisco Espoz y Mina'' naceu en [[Navarra]], na localidade de [[Idozin]], o [[17 de xuño]] de [[1781]].
Juan Esteban Espoz y Mina, e María Teresa Ylundain y Ardaiz, os seus pais, eran simples [[campesiño]]s, como o sería el mesmo até a idade de 26 anos. Toda a súa educación limitábase, ao que sabemos, a ler e escreber. Francisco era de constitución robusta, con formas cadradas e atléticas. Era modesto, de costumes sinxelos e moi sobrio.
 
Liña 27:
'''Espoz y Mina''' pagou o seu esforzo persoalmente: fóronlle matadas catro cabalgaduras e recebeu varias feridas, entre as cales unha bala que se lle aloxou nun xoenllo, que manteu durante o resto da súa vida. Organizou fábricas ambulantes de armas e municións, que transportaba nos seus movementos e que ocultaba nas montañas. Para cubrir os gastos das súas campañas estabeleceu unha [[alfándega]] na fronteira con Francia, e máis recibíu unha contribución de 100 onzas mensuais que lle pasaba a alfándega de [[Irún]], [[Guipúzcoa]], a fin de que el non impedise as actividades aduaneiras. Acrecentaba os ingresos coas presas tomadas aos franceses, as [[multa]]s impostas a españois sospeitosos de colaboracionismo e as doazóns voluntarias que recibía.
 
A fin de manter, en medio do caos da guerra, as institucións civís, formou un tribunal de xustiza, sito nos seus acampamentos, e ao cal os pobos de [[Álava]], [[GuipúzcoaGuipúscoa]], e aínda os do [[Alto Aragón]], debían submeter as diferencias surxidas. Mesmo acolleu o tribunal eclesiástico de [[Pamplona]], cidade naquela altura ocupada polos franceses. Nomeado xefe político de Navarra, en 1813, aproveitou a súa dupla autoridade, civil e militar, para favorecer a todo aquel que puidese consolidar as liberdades públicas. Armado pois da espada do soldado e da toga do [[maxistrado]], aunou na súa persoa a forza do Estado, mais rendéndolle xustiza pode afirmarse que nunca abusou dos dous poderes.
 
==A Restauración fernandina: o conspirador==
Liña 33:
 
Indignado polo xugo que o perxuro Fernando facía pesar sobre [[España]], e seguro da lealdade dos seus compañeiros de armas, Mina concebíu o arriscado proxecto de apoderarse de [[Pamplona]], a fin de facer restabelecer a [[constitución de Cádiz]]. O intento tivo lugar na noite do 25 ao 26 de setembro, mais fracasou, e o 4 de outubro, conminado como proscrito, refuxiouse en Francia, onde foi recibido con distinción polos oficiais que o combateran.
[[Ficheiro:Pamplona-galeria.jpg|thumb|right|250px|Vista de Pamplona, daguerrotipo de 1846.]]
 
==Exilio en Francia==
Liña 42:
 
== O [[Trienio Liberal]] ==
Mina voltou de contado a [[Navarra]], onde xunto a xentes que se lle axuntaron, formou un grupo guerrilleiro, co cal marchou sobre Pamplona, que lle abríu as portas. Cando a Constitución foi xurada por Fernando VII en Madrid, este nomeou a Mina [[Capitán xeneral]] de Navarra, máis pedíu o traslado para [[Galiza]], que obtivo, onde tomou prevencións contra as bandas armadas pro-absolutistas que se estaban a formar. Nese tempo casou coa coruñesa [[Juana de Vega]]. Logo pasou a [[León, España|León]], onde ingresou como simple soldado entre os voluntarios da [[milicia nacional]].
 
En [[1822]], o ministro San Miguel outorgoulle a Mina o mando do exército de [[Cataluña]], co encargo de combater a insurrección absolutista e [[Apostólicos|apostólica]]. Chegou a Cataluña o 9 de setembro con 800 infantes e 275 xinetes. O día 10 pasou a [[Lleida]] onde tomou pose do exército, e sobretodo formou un. Naquela altura Cataluña estaba en pé de guerra ante o levantamento de 30.000 insurxentes, que ocuparan varias prazas fortes, e que mesmo proclamaran na [[Seo d’Urgell]] un goberno en nome da Rexencia de España. En menos de seis semanas, artellou un exército, co que fixo levantar o sitio de [[Cervera]] e tomou [[Castellfullit]], que fixo arrasar, colocando a inscrición: “''Aquí existió Castellfullit. Pueblos, tomad ejemplo: no abrigueis a los enemigos de la patria.''”
Liña 54:
 
==Período liberal==
[[Ficheiro:Espoz y Mina 4.11.1834.jpg|thumb|right|180px|Proclama de Mina o 4-XI-1834.]]
Morto Fernando VII en 1833, e cedendo [[Cea Bermúdez]] a dirección do goberno a [[Francisco Martínez de la Rosa]], que promulgara o [[Estatuto Real]], unha simple [[carta outorgada]], remedo de constitución, albiscábase o camiño de implantación do [[liberalismo]]. Foran publicadas listados de amnistiados, mais neles non aparecía o nome de Francisco Espoz e Mina. Foi dos últimos en aparecer.
 
Liña 67:
 
==Fontes==
Este artigo é unha versión do correspondente da obra de *[[Charles Mullié|Mullié, Charles]]: ''Biographie des célébrités militaires des armées de terre et de mer de 1789 à 1850'' (1852), do que se tomou tamén a versión da Wikipedia en francés.
 
 
[[Categoría:Guerra da Independencia española|Espoz y Mina, Francisco]]