Diferenzas entre revisións de «Hermenexildo Gotérrez»

León -> reino de León
(Córdoba -> Córdoba, España)
(León -> reino de León)
A conquista de [[Coimbra]] non foi unha mera repoboación. Era un núcleo musulmán consolidado situado a máis de cen quilómetros ao sur do núcleo cristiá máis próximo. Hermenexildo Gutérrez tomou a cidade asaltando as fortalezas da mesma. O emir de [[Córdoba, España|Córdoba]] [[Muhammad I]] reaccionou axiña e sitiou a Hermenexildo, que resistiu con éxito ata a chegada de reforzos.
 
Representa á nobreza galega que deu un pulo á chamada [[reconquista]], chegando ata o [[río Mondego]], nun momento en que a fronteira cristiá-musulmana, no centro da península, estaba aínda a altura de [[Burgos]] e no que [[Zamora]] non se pode dar como repoboada ata o ano [[893]].
 
Esta marcha cara o sur da nobreza galega consolidou un espazo social cristiá no territorio portucalense. Este espazo tan avanzado xeograficamente tivo que organizar a súa autodefensa mediante unha crecente autonomía. Sería o xermolo do futuro [[Reino de Portugal]].
 
==Liñaxe real==
No ano [[900]], a súa filla [[Elvira Menéndez]] casaba co futuro [[Lista de monarcas de Galiza|rei de Galicia]] e [[reino de León|León]] [[Ordoño II]]. Da súa liñaxe descenden os reis galaico-leoneses (dende [[Sancho Ordóñez]] ata, polo menos, a [[casa de Borgoña]]).
 
[[Categoría:Personalidades da Idade Media de Galicia|Guterrez]]
128.442

edicións