Diferenzas entre revisións de «Coello»

algunha corrección
(algunha corrección)
(algunha corrección)
Os coellos distínguense das [[lebre]]s por seren [[altricial|altriciais]] <ref>Chámanse ''altriciais'' ás crías que nacen cegas, practicamente sen pelo e cunha movilidade moi limitada, necesitando un largo proceso de aprendizaxe. Cando as crías nacen xa desenvolvidas se denominan ''precociais''.</ref>
 
O tamaño dos coellos é variábel. Como todos os lagomorfos, posúen catro [[incisivo]]s na mandíbula superior e dous na inferior que medran continuamente durante a súa vida. Nisto diferéncianse dos [[roedor]]es, que posúen dous incisivos tanto na superior como na inferior. Os coellos teñen orellas longas, patas posteriores grandes e colas pequenas e suaves. Desprázanse saltando, para o que utilizan as súas poderosas patas posteriores. Para facilitar o movemento rápido estas se achan revestidas dunha coberta grosa de pel que amortece o impacto dos pulos rápidos. Os catro dedos posteriores son longos e están unidos por unha membrana que evita que se separen nos saltos. Posúen cinco dedos nas patas posteriores. Dependendo da especie poden atinxir unha velocidade de 15-20 m/s. Os coellos novos (cazapos, cazapellos ou láparos) parecen "camiñar" en vez de saltar.
 
Os coellos escavan redes de túneles, ou tobos ou coelleiras, nas que permanecen a maior parte do tempo.
O coello é un animal presente na cultura popular como símbolo de fertilidade e asociado tamén á [[Pascua]]. Polo seu carácter de animal de presa parece que se presta como símbolo da inocencia e do ser que non desexa mal para outros. Ademais, utilízase con frecuencia como símbolo de [[sexualidade]], baseada precisamente na imaxe de inocencia xunto coa súa reputación como enxendrador (como o logotipo da revista [[Playboy]]).
 
Tamén é un arquetipo popular do trampulleiro, que utiliza o seu enxeño para vencer os seus inimigos, como aparece nas [[fábula]]s centroeuropeas e no personaxe de [[Bugs Bunny]]. Ademais deste último, teñen aparecido moitos outros coellos [[antropomórfico]]s na literatura, como o ''Coello Branco'' das aventuras de ''[[Aventuras de Alicia no Paíspaís das Marabillasmarabillas]]'' de [[Lewis Carroll]] e nas novelas de [[Beatrix Potter]].
 
Un dos doce animais do [[Zodíaco chinés]] é un coello.
===O coello na cultura popular galega===
{{AP|O coello na cultura popular galega}}
En [[Cambados]], para cura-la ''decipla'' (erisipela), untan a parte enferma con sangue de coello. Tamén se cre que se unha muller [[xestaciónembarazo|embarazada]] come carne de lebre ou de coello, o meniño dormirá despois cos ollos abertos.
 
* Cada coello no seu tobo arránxase de calquer modo.
 
[[Categoría:Mamíferos]]
[[Categoría:Lagomorfos]]
 
[[ast:Coneyu]]
55.165

edicións