Pracer: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
traduzo do castelán
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 31 de marzo de 2009 ás 12:41

O pracer pode ser definido como unha sensación ou sentimento agradábel ou eufórico, que na súa forma natural se manifesta cando se sacia plenamente algunha necesidade do organismo humano: bebida, no caso da sede; comida, no caso da fame; descanso (sono), para a fatiga; diversión (entretemento), para o tedio, e coñecementos (científicos ou non científicos) ou cultura (diferentes tipos de arte) para a curiosidade e a necesidade de crear e desenvolver o espírito. A natureza adoita asociar a sensación de pracer con algún beneficio para a especie.