Milla náutica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m bot Engadido: eo:Marmejlo
Terra (planeta) -> Terra
Liña 1:
A '''milla náutica''' é unha unidade de medida internacional, a máis común para medir as distancias no [[mar]].
 
A definición da milla mariña está relacionada coas dimensións da [[Terra (planeta)|Terra]]. É a distancia equivalente a un arco dun minuto sobre un círculo máximo. Tomando como círculo máximo o [[Ecuador terrestre|Ecuador]], a [[división (matemáticas)|división]] da lonxitude da [[Ecuador terrestre|liña ecuatorial]] (redondeada en 40.000 [[quilómetro|km]] para o cálculo) entre os 21.600 minutos totais dá como [[Cociente (aritmética)|cociente]] 1.851,85 m, que normalmente se redondea a 1.852 [[metro|m]], e esa é a lonxitude da milla náutica.
 
Con todo, a Terra non é unha esfera perfecta, polo que se se considera un círculo máximo outro que o ecuador, como pode ser un [[meridiano]], a medición da milla náutica pode variar nuns poucos metros segundo a localización. Polo tanto, a Conferencia Hidrográfica Extraordinaria Internacional de [[Mónaco]] adoptou en [[1929]] unha milla náutica de exactamente 1.852 metros. Nun día unificouse o valor da milla náutica en todo o mundo, excepto para os [[EE.UU.]] que se engadiron a esta definición en 1954 e os ingleses e o seu imperio que o fixeron en 1970, abandonando a súa ''Milla do Almirantazgo'' de 1.853,184 m ou 6.080 [[pé (unidade)|ft]].