Diferenzas entre revisións de «Axuda:Como trocar o nome dunha páxina»

m
==Observacións==
 
A función "mover páxina" conserva o [[Wikipedia:historial|historial]] completo do artigo, antes e logo da mudanza, nun único lugar, como se o artigo se denominase ''sempre'' desa maneira. Polo tanto, é preferíbel usar este método mellor que recortar texto dun artigo e pegalo noutro novo: as revisións anteriores, notas e atribucións non se manterían se se fai así. Así e todo, ás veces recortar e pegar é precisamente o máis conveniente, como cando se subdivide unha páxina. En caso de utilizar este método, habería que incluir unha nota na páxina de conversa do artigo novo que referise de onde procede o texto.
 
A operación de mudanza de nome móstrase no historial da páxina co título vello. Porén, se a páxina se volve a mover para o nome anterior, o historial da páxina co título intermedio mostra exclusivamente o último movemento, xunto co nome do wikipedista mais coa hora da primeira vez que se moveu. En consecuencia, pérdense o nome do usuario que primeiro moveu a páxina e a hora do segundo movimento (exceito o que se vexa en "Cambios recentes").