Diferenzas entre revisións de «Sistema termodinámico»

Terra (planeta) -> Terra; {{seniw}}
m (Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras)
(Terra (planeta) -> Terra; {{seniw}})
*''Sistema illado'', que é aquel que non intercambia nin [[materia]] nin [[enerxía]]. Un sistema ten múltiples xeitos de intercambiar enerxía co [[medio]]. Unha delas pode ser mediante unha transferencia neta de [[calor]], aínda que tamén se poden considerar intercambios de tipo [[traballo mecánico|mecánico]], no que se teñen en conta as deformacións da [[contorna]] onde se atopa confinado o sistema. Un exemplo desta clase podería ser un [[gas]] encerrado nun recipiente de paredes ríxidas o suficientemente grosas (paredes [[adiabático|adiabáticas]]) como para considerar que os intercambios de [[enerxía calorífica]]. É importante entender a diferenza entre enerxía térmica e calor. A calor é unha 'enerxía en tránsito', concretamente é a transferencia de enerxía que se dá entre dous corpos que están en contacto directo, ou case, e que se atopan a distintas temperaturas. Comunmente, fálase de 'fluxo neto de calor' do obxecto quente ó frío. Malia que o termo de calor en si mesmo implica transferencia de enerxía, por costume utilízanse as expresións 'calor absorbida' ou 'calor liberada' para describir os cambios enerxéticos que ocorren durante un proceso sexan despreciables, xa que por hipótese non pode intercambiar enerxía en forma de [[traballo]].
 
*''Sistema pechado''. É o que pode intercambiar enerxía pero non materia co exterior. Multitude de sistemas pódense englobar nesta clase. O mesmo planeta [[Terra (planeta)|Terra]], se non se teñen en conta os intercambios de materia que poden ter lugar como consecuencia da chegada dos [[asteroide]]s ou [[meteorito]]s que chegan á súa superficie, pode considerarse un sistema pechado. Unha lata de sardiñas tamén podería estar incluída nesta clasificación. Como pode comprobarse non existen restriccións sobre o tamaño do sistema. O sistema pode ser inclusive o propio Universo.
 
*''Sistema aberto''. Nesta clase inclúense a maioría de sistemas que poden observarse na vida cotiá. Por exemplo, un [[vehículo]] motorizado é un sistema aberto, xa que intercambia materia co exterior cando é cargado, ou o seu condutor introdúcese no seu interior para conducilo, ou é cargado de [[combustible]] nun repostaxe, ou se consideran os gases que emite polo seu tubo de escape pero, ademais, intercambia enerxía coa contorna. Só hai que comprobar a calor que desprende o motor e as súas inmediacións ou o traballo que pode efectuar carrexando carga.
 
En [[Termodinámica]], os sistemas elixidos para o seu estudo presentan, usualmente, unha especial sinxeleza. Os sistemas que se estudan son, xeralmente, aqueles cuxo estado queda perfectamente determinado por unha terna de [[variable de estado|variables de estado]]. Por exemplo, o estado dun gas pode ser descrito perfectamente cos valores da presión que hai no mesmo, a temperatura que presenta e o volume que ocupa. Nesta clase de sistemas, as variables non son absolutamente independentes, xa que existen ligaduras entre elas que poden ser descritas mediante [[ecuación de estado|ecuacións de estado]].
 
 
==Véxase tamén==
 
==Referencias==
'''*''Termodinámica Química'''''. Juan A. Rodríguez Renuncio, Juan J. Ruíz Sánchez, José S. Urieta Navarro, Editorial Síntesis
 
'''*''Equations o State in Engineering and Reserch'''''. Chao, K. C., Robinson, R. L. (editores), ACS 182. American Chemical Society, Washington, 1.979
'''''Termodinámica Química'''''. Juan A. Rodríguez Renuncio, Juan J. Ruíz Sánchez, José S. Urieta Navarro, Editorial Síntesis
'''*''Thermodynamics'''''. Lewis, G. N. y Randall, Editorial McGraw Hill, 1.961
 
'''*''Química''''', Raymond Chang, Cuarta edición, Editorial McGraw Hill 1.994
'''''Equations o State in Engineering and Reserch'''''. Chao, K. C., Robinson, R. L. (editores), ACS 182. American Chemical Society, Washington, 1.979
 
'''''Thermodynamics'''''. Lewis, G. N. y Randall, Editorial McGraw Hill, 1.961
 
'''''Química''''', Raymond Chang, Cuarta edición, Editorial McGraw Hill 1.994
 
[[Categoría:Termodinámica]]
{{seniw}}
133.912

edicións