Variacións solares: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Reemprazo de texto automático (-[[Imaxe: +[[Ficheiro:)
Terra (planeta) -> Terra
Liña 1:
ChámaseAs así'''variacións asolares''' todasson aquelasas variacións na cantidade de enerxía emitida por parte do [[Sol]]. Son flutuacións na [[luminosidade]] e no [[vento solar]] ou [[campo magnético]] do astro rei.
 
As variacións na [[luminosidade]] e as do [[campo magnético]] adoitan estar interrelacionadas e teñen efectos visibles como as [[manchas solares]]. Malia todo o valor medio da [[radiación solar]], 1366 W/m2, case non cambia (ver [[constante solar]]). De feito as oscilacións producidas polo ciclo das manchas solares non van máis aló de 1 W/m2. A súa contribución no [[cambio climático]] actual e pasado é motivo de controversia.
 
==Variación a longo prazo==
''Máis información en: [[Evolución estelar]]''
 
É evidente que a temperatura media da [[Terra (planeta)|Terra]] depende, en gran medida do [[fluxo]] de [[radiación]] solar que chega. Poderíase pensar que o [[clima]] tamén pode verse influído polo sol na mesma medida, pero non é así. O sol é unha [[estrela]] de [[clasificación estelar|tipo]] G, en fase de [[secuencia principal]], moi estable, polo que o seu fluxo mantense case constante no tempo. O fluxo de [[radiación]] é, ademais, o motor dos [[fenómenos atmosféricos]] xa que aporta a enerxía necesaria á [[atmosfera]] para que estes se produzan. Pero, debido a que ese aporte de [[enerxía]] case non varía no tempo, non se considera que sexa unha contribución importante para a variabilidade climática.
 
Malia todo, o Sol si inflúe a moi longo prazo. Calculouse mediante modelos numéricos que un aumento dun 1% no seu [[brillo]] provocaría que a temperatura media atmosférica subise un ou dous graos, segundo o modelo. Sábese, ademais, que a [[luminosidade]] solar aumenta co tempo, un 10% cada 1.000 millóns de anos, debido a que a [[presión]] no interior do [[Sol]] tamén aumenta para compensar o paulatino esgotamento do [[hidróxeno]] ''(ver [[evolución estelar]])''. Estes incrementos de luminosidade aínda que son despreciables a curto e medio prazo si son salientables a longo prazo. Inexorablemente, o Sol irá brillando cada vez máis ata que, aproximadamente dentro de 1.000 millóns de anos, os [[océano]]s empecen a [[evaporación|evaporarse]]. De feito ese aumento de [[brillo]] persiste dende que se formou a [[estrela]], pero o noso [[planeta]] foi capaz de adaptarse a eses cambios, ata agora, xa que son o suficientemente lentos como para que non desequilibren o sistema. Como se dixo, a moi longo prazo chegará un momento en que o brillo solar romperá o noso ciclo atmosférico e desencadeará un [[efecto invernadoiro]] descontrolado que quizabes converta ao planeta nun novo [[Venus (planeta)|Venus]].