O porco de pé: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
recateg
Lmbuga (conversa | contribucións)
engado algo
Liña 2:

O Porco de Pé é unha novela satírica ambientada nunha vila ourensá a comezos do [[século XX]].

A primeira obra narrativa de Risco é "Do caso que lle aconteceu ó doutor Albeiros". Despois, nos números 39 e 40 de [[Nós]] inseriu Risco o comezo de "Os europeos en Abrantes". "O porco de pé" retoma o ambiente e o '''ton''' burlesco da obra anterior e é unha diatriba da '''burguesía''', unha sátira do castelán que chega a ser alcalde nunha cidade galega. Os '''personaxe'''s, como vemos no seguinte anaco do textop, son '''caricatura'''s e '''arquetipo'''s:

(''Na postguerra, D. Celidonio ascendeu de porco a marrán e chegou a ser alcalde. A parenta inflou coma o fol da gaita.

''Don Celidonio é gordo e artrítico. O carrolo sáelle para fóra; na calva ten unha que outra serda; ten as fazulas hipertrofiadas, da cor do magro do xamón, e tan lustrosas, que semellan que botan unto derretido; ás nádegas e o bandullo vánselle un pouco para abaixo.''

''O lardo rezúmalle por todo o corpo, e no vran súdao en regueiros aceitosos e en pingotas bastas, coma as que deitan os chourizos cando están no fumeiro.''

''Así como é graxento o corpo, tamén o miolo de D. Celidonio. Se lle escachasen a testa, tiña que ser con pau-ferro e picaraña, en lugar dunha sesadahabía atopar un unto. Corpo e alma, tanto ten, todo é graxa e manteiga. Don Celidonio é igual por dentro ca por fóra: carne e espírito son a mesma zorza, misturada e revolta, co mesmo adubo de ourego e pemento).''

Ante D. Celidonio, o representante dos intelecuais na [[novela]] é o doutor Alveiros, que, achándose en espantosa soidade, remata por claudicar, sumándose ás hostes do alcalde e cacique don Celidonio.

[[category:Literatura galega]]