Alerxia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
traduzo do castelán
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 28 de marzo de 2009 ás 18:28

A alerxia (do grego αλλεργία, reacción estraña) é unha hipersensibilidade a unha substancia en particular, se se inhala, inxire ou toca, producindo uns síntomas característicos e unha reacción do corpo. A alerxia é, xa que logo, o efecto prexudicial de hipersensibilidade do organismo.

A substancia á que se é alérxico denomínase "alérxeno", e os síntomas provocados son definidos como reaccións alérxicas. Cando un alérxeno penetra no organismo dun suxeito alérxico, o sistema inmunitario deste responde producindo unha gran cantidade de anticorpos. A sucesiva exposición ao mesmo alérxeno producirá a liberación de mediadores químicos, en particular a histamina, provocando a aparición dos síntomas típicos da reacción alérxica.

As alerxias ou hipersensibilidade son, segundo Gell e Coombs, de catro tipos:

  1. 1. Inmediatas: Baseadas sobre a reacción aos aintocorpos.
  2. 2. Citotóxicas.
  3. 3. De complexos inmunes.
  4. 4. Retardadas.