Lingua galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 256:
Segundo a separación dialectolóxica de [[Galicia]] empregada por organismos como a [[Real Academia Galega]] (RAG) e o [[Instituto da Lingua Galega]] (ILG) existen tres bloques lingüísticos recoñecidos, cada un coas súas particularidades:
*'''Occidental''', comprende a parte occidental de [[Galicia]], dende a [[Costa da Morte]] ata o [[Miño]], incluindo parte da [[Comarca da Baixa Limia|Baixa Limia]]. Está formado por catro áreas:
**''Bergantiñá''
**''Fisterrá''
**''Pontevedresa''
**''Baixo Limiá''
 
*'''Central''', comprende a maior parte de [[Galicia]], dende as [[Rías Altas]] ata [[Portugal]], incluindo unha pequena parte de [[Asturias]]. Está formado tamén por catro áreas:
**''Mindoniense''
**''Central de transición''
**''Lucu-auriense''
**''Oriental de transición''
 
*'''[[Galego oriental|Oriental]]''', comprende unha estreita franxa do leste de [[Galicia]], incluindo as zonas onde se fala galego na [[Terra Eo-Navia]], [[O Bierzo]], [[As Portelas]] e o [[Val de Xálima]]. Está formado por cinco áreas:
**''[[Galego de Asturias|Asturiana]]''
**''Ancaresa''
**''Oriental-central''
**''Zamorana''
**''[[Fala de Estremadura|Cacereña]]''
 
Estes bloques están caracterizados pola forma de construír o plural das palabras acabadas en -n, sendo as isoglosas que os delimitan cans/cas (bloques oriental e central, respectivamente) e cas/cais (bloques central e occidental, tamén respectivamente.