Cangas, Foz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m engado foto e arranxo
PepedoCouto (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Outroshomónimos|Cangas (homónimos)}}
[[Ficheiro:Fotos Galicia II 057.jpg|thumb|300px|right]]
Parroquia do concello de [[Foz]], na [[provincia de Lugo]]. Contaba no ano [[2004]] cunha poboación de 846 habitantes (segundo datos do [[Instituto Galego de Estadística)Estatística]].
 
A parroquia de '''San Pedro de Cangas''' está situada no extremo noroccidental do concello de Foz, nunha zona limitada ao Sur pola parroquia de Cordido deste mesmo concello, ao leste pola parroquia de Nois (concello de Foz), ao Norte polo [[mar Cantábrico]] e ao oeste polo concello de [[Burela]].
Liña 7:
O territorio parroquial sitúase no val inferior do [[río Moucide]], que cruza a parroquia en sentido norte-sur até a súa desembocadura no [[Mar Cantábrico|Cantábrico]] na zona denominada Riosmar. As maiores altitudes acádanse na zona occidental, no límite con Burela, onde se acadan alturas de até 460 m. no denominado [[Pico do Pelobrinco]], nunha zona onde os montes do Buio acadan a zona costeira á altura da [[praia da Areoura]].
 
Aínda que situada no concello de [[Foz]], a vida socioeconómica da súa poboación está moi ligada á cercana vila de [[Burela]], no concello homónimo, da que dista tan só ao redor 3 quilómetros (8 km. da capital municipal de Foz). As tradicionais ocupacións agrogandeiras deron paso nos últimos anos a unha base económica máis diversificada, estando moitos dos seus habitantes empregados no [[sector terciario]] (basicamente no comercio e nos equipamentos administrativos existentes nas cercanas poboacións de Burela e Foz) ou no sector industrial, principalmente na fábrica de [[alumina]] e [[aluminio]] que a multinacional Alcoa ten en [[San Cibrao]]. Tamén é importante, aínda que cada vez menor, o número dos seus habitantes que está enrolado nos barcos pesqueiros con base no porto de Burela.
 
===Parroquias de Foz===