Diferenzas entre revisións de «Organismo pluricelular»

m
corrixo minimamente
m
m (corrixo minimamente)
Un '''organismo pluricelular''' (das formas do [[latín]] ''plures, plura, plurium'' que significan "varios", "moitos"; e ''cellula'', [[diminutivo]] tamén latino de ''cella'', "celda", "cuarto pequenapequeno") é aquel [[Ser vivo|organismo]] que está constituído por máis dunha [[célula]] e que posúe células diferenciadas que realizan funcións especializadas, en contraposición aos [[Organismo unicelular|organismos unicelulares]] ([[protozoo]]s e [[bacteria]]s, entre moitos outros) que reúnen todas as súas funcións vitais nunha única célula.
 
A pluricelularidade ten a vantaxe de que permite a especialización de diferentes grupos celulares, ao liberar as células de ter que asumir todas as funcións vitais. Así, posibilítase a formación de diferentes [[tecido]]s e [[Órgano (bioloxía)|órganos]]. Un grupo de células similarmente diferenciadas que levan a cabo unha determinada función nun organismo multicelular coñécese como un tecido. Non obstante, nalgúns organismos unicelulares, tales como a [[myxobacteria]], atópanse células diferenciadas, aínda que a diferenciación é menos pronunciada que a que se atopa tipicamente en organismos pluricelulares.
44.549

edicións