Codia terrestre: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Terra (planeta) -> Terra
Terra (planeta) -> Terra; arranxiños
Liña 3:
*'''Capa sedimentaria''': está formada por rochas sedimentarias que se sitúan sobre os continentes e sobre as plataformas continentais. Esta capa está formada por rochas repregadas que forman parte das cordilleiras actuais e antigas dos continentes e da base da plataforma continental, e por [[sedimento]]s recentes que se depositan fundamentalmente sobre a plataforma continental e os fondos mariños próximos ao continente.
*'''Capa granítica''': está formada por rochas parecidas ao [[granito]]. Forma a masa fundamental das zonas continentais emerxidas. Entre esta capa e a seguinte apréciase a '''discontinuidade de Conrad''', chamada tamén "canle da litosfera", que marca os límites da capa granítica e a capa inferior basáltica. Tanto a capa sedimentaria como a granítica son capas discontinuas e atópanse como flotanto en equilibrio isostático sobre a capa basáltica, como o fai un [[iceberg]] sobre a [[auga]].
*'''Capa basáltica''': está formada por rochas semellantes ao [[basalto]].[[ É unha capa continua ao redor da [[Terra (planeta)|Terra]], ao contrario cás dúas anteriores. A '''discontinuidade sísmica de Mohorovicic]]''' separa a capa basáltica do [[manto]].
 
A codia terrestre é unha gran descoñecida polas dificultades que presenta o seu estudo. Non obstante, os datos que facilitan os estudos sismolóxicos contribuiron de forma importante ao coñecemento da estrutura interna da Terra. A través da análise da propagación das ondas sísmicas constrúense perfís que proporcionan a xeometría das estruturas tectónicas.