Codia terrestre: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: eu:Lurrazal
Terra (planeta) -> Terra
Liña 1:
[[Ficheiro:Erdkruste-i.jpg|thumb|1-Codia continental 2-Codia oceánica 3-Manto]]
A '''codia terrestre''' é a capa máis superficial da [[Terra (planeta)|Terra]], parte da [[litosfera]], que ten un espesor variable entre os cinco quilómetros de profundidade nos [[océano]]s ata 70 kilómetros de profundidade media nas [[cordilleira]]s [[continente|continentais]]. A codia terrestre está composta por [[rocha]]s [[sílice|silíceas]], distinguíndose tres capas principais:
* '''Capa sedimentaria''': está formada por rochas sedimentarias que se sitúan sobre os continentes e sobre as plataformas continentais. Esta capa está formada por rochas repregadas que forman parte das cordilleiras actuais e antigas dos continentes e da base da plataforma continental, e por [[sedimento]]s recentes que se depositan fundamentalmente sobre a plataforma continental e os fondos mariños próximos ao continente.
* '''Capa granítica''': está formada por rochas parecidas ao [[granito]]. Forma a masa fundamental das zonas continentais emerxidas. Entre esta capa e a seguinte apréciase a '''discontinuidade de Conrad''', chamada tamén "canle da litosfera", que marca os límites da capa granítica e a capa inferior basáltica. Tanto a capa sedimentaria como a granítica son capas discontinuas e atópanse como flotanto en equilibrio isostático sobre a capa basáltica, como o fai un [[iceberg]] sobre a [[auga]].
* '''Capa basáltica''': está formada por rochas semellantes ao [[basalto]].[[ É unha capa continua ao redor da [[Terra (planeta)|Terra]], ao contrario cás dúas anteriores. A '''discontinuidade sísmica de Mohorovicic]]''' separa a capa basáltica do [[manto]].
 
A codia terrestre é unha gran descoñecida polas dificultades que presenta o seu estudo. Non obstante, os datos que facilitan os estudos sismolóxicos contribuiron de forma importante ao coñecemento da estrutura interna da Terra. A través da análise da propagación das ondas sísmicas constrúense perfís que proporcionan a xeometría das estruturas tectónicas.