Explosión cámbrica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
arranxiños
Terra (planeta) -> Terra
Liña 1:
A '''Explosión Cambriana''' foi un suceso na historia da vida, cando subitamente houbo unha explosión na [[biodiversidade]] do planeta. Está rexistrado nos [[fósil|fóseis]] depositados en extratos de preto de 550 millóns de anos, durante o [[período xeolóxico|período]] [[Cambriano]]. A maioría dos animais que xurdiron desta “explosión” non deixaron descendentes, tendo moitos deles formas bastante diversas das atopadas nos [[Animalia|animais]] modernos.
 
Ata o inicio do Cambriano, a [[vida]] na [[Terra (planeta)|Terra]] consistía basicamente de [[alga]]s, [[bacteria]]s, [[protozoo]]s, [[celentéreo]]s e [[porifera|poríferos]]. (A [[fauna]] do período anterior ao Cambriano é tamén coñecida como [[Fauna Ediacarana]]). Mentras, nun curto espazo de tempo na [[escala de tempo xeolóxico|escala xeolóxica]] (estimado en 5 millóns de anos), surxiron practicamente todos os [[filo (bioloxía)|filo]]s animais coñecidos, inclusive os precursores dos [[vertebrado]]s, alén doutros que a ciencia non consegue clasificar, todos eles organismos mariños. O rexistro da existencia destes seres é evidenciado a través de fóseis atopados en poucos lugares do mundo, como en [[Burxes Shale]], no [[Canadá]], e na provincia de [[Yunnan]], na [[China]].
 
Formas de vida extrañas tomaron lugar nos océanos, xuntamente con [[trilobita]]s, [[crustáceo]]s, [[molusco]]s, [[anelídeo]]s, [[equinodermo]]s, e outros filos animais existentes hoxe en día. Animais como os ''Hallucixenia'' (non se sabe a que filo pertencia), que posuían sete pares de espiños nunha face e sete tentáculos terminando en vigorosas pinzas na outra (non se sabe cal sería seu dorso ou seu ventre), cun prolongamento en forma de tubo ou cilindro nunha extremidade e un espesamento na outra (non se sabe cal sería súa parte anterior ou posterior); os ''Opabinia'', con cinco ollos na súa cabeza e un órgao que dela se proxetaba, terminando nunha extremidade bifurcada; o ''Anomalocharis'', un predador de 60 centímetros de lonxitude, semellante a un artrópode; e o ''Pikaia'', un verme posuidor dunha corda cartilaxinosa arredor dun nervo dorsal, probabelmente o primeiro [[cordado]].