Diferenzas entre revisións de «Ledesma, Boqueixón»

datos das ínsuas
(datos das ínsuas)
Lugar de especial encanto pola presenza dun [[río Ulla]] que, nesta parroquia, se divide en múltiplos brazos formando vizosos illotes de doado acceso. Visita recomendable para fuxir da aceleración urbana (a 25 minutos de Santiago).
 
As tres ou catro illas chámanse localmente por algúns "As Ínsuas", nome de claras reminiscencias latinas. Ademais das pontes (unha moderna e outra medieval ou romana) que cruzan o río pasadas As Ínsuas, tamén se pode cambiar de banda do río a través das propias illas. Dende a banda sur, onde está un dos bares máis frecuentados pola mocidade local, se pode chegar á illa máis grande, onde ademais está o campo da festa. A superficie desta illa está limpa de mato, agás nas beiras co río onde se permitiron medrar as árbores a herba grosa. Ademáis das instalacións montadas para as festas locais, esta ínsua conta cun palco permanente de cemento e tamén dunha escultura en honor do escritor [[Xosé Neira Vilas]], natural de [[Gres]]. Río arriba están as outras illiñas ás que se pode acceder dende esta primeira, sendo a última a chamada "Ínsua dos namorados" (por evidentes razóns), así coma tamén á outra banda do río gracias a uns pasais no medio da auga. Estas illiñas forman parte da cultura recreativa da poboación de Ponteledesma e de [[Gres]], pois aí xúntanse os mozos e mozas para bañarse en verán.
 
===Parroquias de Boqueixón===
Usuario anónimo