Ramón Sampedro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrixo ligazóns
Lugar de falecemento
Liña 1:
'''Ramón Sampedro''', nado o [[5 de xaneiro]] de [[1943]] en [[Xuño, Porto do Son|Xuño]] e falecido o [[12 de xaneiro]] de [[1998]] en [[Boiro]], foi un mariñeiro, escritor [[Galicia|galego]] e defensor da [[eutanasia]].
 
Con 19 anos enrolouse na mariña mercante como mécanico co obxectivo de coñecer mundo. Aos 25 anos, o [[23 de agosto]] de [[1968]] un accidente na [[praia das Furnas]], no [[Porto do Son]], déixao [[tetraplexia|tetrapléxico]], sen poderse mover de pescozo para abaixo. Decidido a morrer, pero impedido fisicamente para [[suicidio|suicidarse]], emprende unha loita legal polo dereito a exercer a eutanasia. Co código penal [[españa|español]], a [[eutanasia activa]], é dicir, a axuda a morrer a unha persoa que ten vontade de facelo pero que non pode facelo en por si, está castigada pola lei e considerada [[homicidio]].