Xulio Nepote: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: mk:Јулиј Непот
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Tremissis Julius Nepos-RIC 3221.jpg|thumb|right|240 px|Xulio Nepote]]
'''Flavius JuliusIulius Nepotianus''', tamén coñecido como '''Xulio Nepote''', foi emperador do [[Imperio Romano de Occidente]] entre os anos [[474]] e [[476]].
 
Xulio Nepote era fillo do ''magister militiae'' do Imperio Oriental entre os anos [[458]] o [[461]]. Tamén era neto do [[magister utriusque militiae]] da [[Dalmacia]] nos anos [[461]] o [[468]]. El mesmo era natural da [[Dalmacia]], e ''magister militae'' da sua provincia natal, segregada do Imperio Occidental a raiz dos feitos acaecidos trala morte de [[Maioriano]] e que fora practicamente independente do Imperio Occidental, pero estaba unida á Prefectura das [[Pannonias]].
 
==Nomeamento e acceso==
Estaba casado con [[Neptis]], sobriña da emperatriz [[Verina]], esposa do emperador [[León I]]. A raizraíz dos acontecementos en [[Italia]], que nomean emperador a [[Glicerio]], [[León I]] atopa a oportunidade de voltar a influir na política de [[Italia]] e no Imperio Occidental, e o vello soño de unificar un só Imperio e unha soa coroa bulía na suasúa cabeza desde había tempo, e en realidade xa o intentaran outros anteriormente. Non recoñece a [[Glicerio]], e nomea a '''Xulio Nepote''' coma emperador, conseguindo deste xeito asegurarse a [[Dalmacia]] coma provincia propia, meter os fociños na politicapolítica italiana e conseguir para a sua sobriña unha coroa. Pero debido ás datas en que se toma esta decisión, '''Xulio Nepote''' non se pode trasladar a Roma, xa que o inverno impide as viaxes por mar. Cando chega o tempo da viaxe, na primavera do 474, desprázase cara a Ostia, porto perto de [[Roma]], onde chega en Xuño.
 
Glicerio réndese sen opoñer resistencia, sendo nomeado bispo de [[Salona]], localidade da [[Dalmacia]], e '''Xulio Nepote''' é nomeado emperador polo Senado de Roma. Pero as cousas non son tan doadas para [[León I]] e '''Xulio Nepote''', xa que o nomeamento vese coma unha inxerencia dun imperio "estranxeiro", en primeiro lugar. E en segundo lugar e moi importante, a [[Dalmacia]] si que lle importaba e moito ao Imperio Occidental, e ademais '''Xulio Nepote''' era sobriño do patricio Marcelino, que era pagano.
 
Ademais, aquí hai que ter en conta a dualidade do Imperio Romano Occidental, xa que o Senado conservábase en Roma, con funcionsfuncións maismáis ou menos lexislativas, mentres a corte estaba en realidade en Ravena, onde emanaba o verdadeiro poder politicopolítico, e que dominaba o Senado de Roma. E alí mandaba [[Gundebaldo,]] un burgundio que herdara de [[Ricimero]] o título de patricio e ''magister militiae'', e que en realidade fora quen nomeara a [[Glicerio]] como emperador.
 
==Reinado==
 
Pouco se sabe da política establecida por Xulio Nepote. AcuñaciónsCuñacións de moeda en [[Roma]], [[RavenaRavenna]] e [[Milán]]. No intento de atraer os visigodos, nomea a [[Orestes]] coma ''magister militarum'' e patricio, en oposición de [[Gundebaldo]], que era burgundio e neses intres atopabase lonxe da [[Italia]], xa que o seu tio [[Khilperico]], rei dos [[burgundios]], estaba sendo atacado por [[Eurico]], rei dos visigodos de Tolosa.
 
E como os visigodos estaban a ocupar unha gran parte de Provenza, Xulio Nepote envía unha delegación de bispos a falar con Eurico, que traen boas palabras, pero poucos resultados. Unha segunda delegación formada por catro bispos do sur da Galia parece conseguir mellores resultados na corte de Eurico.
 
Por outra banda, os ataques dos vándalos contra as costas de Italia regresaran de novo. Xulio Nepote entra en negociacións con eles para finalizar con esta lacra de anos, e recoñece as posesións dos [[vándalos]] en África, SiliciaSicilia, Córsega e as Illas Baleares. Con este recoñecemento, rematan estes ataques nun primeiro momento.
 
==Expulsión==
Aproveitando que '''Xulio Nepote''' se encontra na [[Dalmacia]], xa que era a suasúa prioridade, e non a situación italiana,[[ Orestes]] dá un verdadeiro golpe de estado, declárase patricio e nomea un emperador ao seu xeito, seguindo a tradición dos gobernantes do século V. O elexidoelixido é o seu fillo, ''Romulus'', chamado así en honor do tío de [[Orestes]], é que axiña os romanos lle antepoñen o titulo de Augustulus (pequeno augusto), xa que só tiña dez anos. Este nomeamento faise en Ravena.
 
==Segundo Reinado==
 
[[Rómulo Augústulo]] envia unha carta a [[Zenón]], o novo emperador de Oriente, para decirlledicirlle que un só emperador para ambos os imperios era suficiente, cando '''Xulio Nepote''' manda unha carta pedindollepedíndolle axuda para "reconquistar" o Imperio, xa que ten diñeiro e exército para facelo, pero é necesaria a suasúa axuda e recoñecimentorecoñecemento para a restauración. Era setembro do [[476]]. Pero [[Rómulo Augústulo]] xa estaba practicamente fóra de xogo, porque [[Odoacro]] xa o obrigara a abdicar, despois dunha pequena guerra civil en contra do seu pai [[Orestes]], que morrera pertopreto de [[Ravena]]. Esta abdicación conseguiu que [[Odoacro]] se convertera no verdadeiro dono de [[Italia]] e do Imperio Romano, e as enseñasinsignias imperiais foran enviadas a [[Zenón]]. AindaAínda que non fora recoñecido como tal, Roma seguiaseguía a acuñarcuñar moedas con nomes de Xulio Nepote e [[Zenón]], pero este non regresara a Italia nin o faría nunca. Era o emperador recoñecido por Oriente, pero de facto o Imperio Romano xa desaparecera.
 
==Morte==
 
'''Xulio Nepote''' morre probablemente o 25 de Abril do [[480]]. Foi asasinado polos seus seguidores e debido a intrigas interiores na [[Dalmacia]], posiblemente en [[SalonicaSalónica]]. [[Odoacro]] toma vantaxe desta situación, invade a [[Dalmacia]] e por conquista asenta os seus exércitos naquela terra, incorporándoa aos seus dominios.