Diferenzas entre revisións de «Hunos»

(arranxiños)
Moi pouco se sabe da vida de Atila antes del, por volta de [[433]] e con máis ou menos 25 anos, subir ao trono de rei dos Hunos, xuntamente con seu irmán [[Bleda]], a quen asasinou en [[445]]. Segundo a lenda, Atila tería morto o seu primeiro inimigo aos seis anos de idade e levaba a espada do deus da guerra. Tiña, segundo os cronistas, 1,20 metros de altura. No [[447]], Atila invadiu o Imperio Romano, derrotando todos os exércitos romanos e deixando só de conquistar [[Constantinopla]] grazas ás murallas da cidade.
 
O emperador pasa a pagar un imposto de 900 quilos de ouro anual aos hunos. No ano [[450]], o novo emperador rexeita pagar o tributo. En vez de invadir o [[Imperio de Oriente]], Atila invade o lado occidental do Imperio; non soamente era este máis feble, ademais el tiña unha desculpa: a irmá do emperador, Honoria, fora aprisionada, sospeitosa de traizón. Da prisión, ela enviou o seu anel a Atila, pedíndolle que servise de campión. Atila declarou que consideraba o xesto unha oferta de casamento, e pediu a metade do Imperio como dote. No [[451]], xunto con [[GaisericoXeiserico]], rei dos [[vándalos]], invade o imperio cun exército con, segundo os cronistas da época, 600.000 homes. (O número real probábel, segundo historiadores modernos, achegábase máis a 150.000, aínda así enorme para o [[século V]].). Na [[batalla de Châlons]], Atila é derrotado polo xeneral romano [[Aecio]], mais este non ten tropas dabondo para impedir que o exército huno atravese o [[río Danubio|Danubio]] de volta, máis ou menos intacto. No ano seguinte, Atila invadiu novamente o Imperio, sen que desa vez ningún exército se opuxese a el. Ás portas de Roma, dá a volta, sen que ata hoxe se saiba exactamente por que. Dous anos despois, Atila morreu dun derrame. Cando a noticia chegou a [[Roma]] e Constantinopla, rezáronse misas en todas as Igrexas agradecéndollo a Deus.
 
== Época post-Atila ==
52.732

edicións