''' Luama''' está situada na punta que dá frentefronte ao extenso areal de Morouzos e á barra da entrada da Ría de Ortigueira. Linda polo norte e oeste con dito areal de Morouzos e coa ría, polo nordeste coas brañas da enseada de Ladrido, polo sur coa parroquia de [[Ortigueira, Ortigueira|Ortigueira]], e polo leste coa parroquia de [[Luía, Ortigueira|Luía]]. A Illa de San Vicente situada na barra da entrada da ría, pertence a esta parroquia, que por outra banda non é recoñecida como tal a efectos eclesiásticos, quedando incluída na parroquia de OrigueiraOrtigueira. Dende o lugar da Carmona na estrada [[AC-862]] parte outra estrada, chamada de circunvalación, que rodea a parroquia pola beira da ría até a rúa Curuxeira xa en Ortigueira.
== Patrimonio ==
Non tendo entidade como parroquia eclesiástica o seu patrimonio arquitectónico está reducido aos edificios que albergan o Escolar de Ortigueira e o antigo asilo, hoxe residencia, tamén da vila de Ortigueira. Se conta Luama cun importante patrimonio natural que identifica a Ortiguiera e que vén a ser toda a contorna da coñecida [[praia de Morouzos]], cun gran piñeiral ao pé dun extenso areal aberto ao norte. Neste lugar coñecido antigamente como S.San Martiño recuperouse hai pouco unha pequena lagoa e construíronse carreiros que cruzan o piñeiral e máis as dunas que o separan da praia, nunha paisaxe única.
Merece subliñar que na [[Illa de S.San Vicente]] aínda hoxe se poden ver restos do que foi un convento, que segundo [[F.Federico Maciñeira]], foi primeiramente templario e máis tarde franciscano, e estivo habitada até comenzoscomezos do século XX, perdurando na memoria das xentes máis vellas de
OrtigueriaOrtigueira os seu últimos poboadores, os que a abandoanabandonan por esa época para asentarse na vila.