Aberración cromática: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RNC (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
RNC (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Lens6a.svg|thumb|Aberración cromática]]
En [[óptica]], a '''aberración cromática''' é a imposibilidade que unha [[lente]] ten para enfocar todas as [[cor]]es no mesmo punto, débese á variación do [[índice de refracción]] coa [[lonxitude de onda]]<ref>James V. Watson ''Introduction to Flow Cytometry''. Cambridge University Press, 1991, páxina 25</ref>, o que fai que as distintas cores de [[luz]] non queden enfocados no mesmo lugar, polo que a imaxe formada pola lente presenta os bordos coloreados. A aberración cromática pode ser lonxitudinal, cando varía a distancia da imaxe co índice de refracción e lateral cando as diferentes cores teñen diferentes tamaños<ref>''Competition Science Vision'', Vol. 3, Nº 25, 2000, páxina 24</ref>.A aberración cromática preséntase nos sistemas ópticos que utilizan lentes ou [[prisma]]s. Os lentes acromáticos que son unha combinación de lentes simples de diferentes clases de [[vidro]]s corrixen este defecto. Chester Moor Hall en 1733 foi o primeiro en lograr corrixir o defecto<ref>D. J. Lovell, ''Optical anecdotes'', SPIE Press, 2004, páxina 39</ref>, mais John Dollond foi o primeiro en patentar as lentes acromáticas en 1758<ref>Henry C. King ''The History of the Telescope''. Courier Dover Publications, 2003, páxina 150</ref>, por canto Hall, un avogado, mantivera o seu método en segredo.
==Notas==
<references/>