Bombardeo atómico de Hiroshima e Nagasaki: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
introdución, con partes extraídas da wikipedia inglesa e francesa
 
Sen resumo de edición
Liña 2:
Os '''bombardeos atómicos de Hiroshima e Nagasaki''' foron uns ataques nucleares que tiveron lugar o [[6 de agosto|6]] e [[9 de agosto]] de [[1945]] contra o [[Imperio do Xapón]], obra dos [[Estados Unidos de América]] despois de que os dirixentes xaponeses decidiran ignorar o [[conferencia de Postdam|ultimátum de Potsdam]]. Finalmente, despois de seis meses de intenso bombardeo sobre outras 67 cidades xaponesas, a bomba nuclear "[[Little Boy]]" lanzouse en [[Hiroshima]] o luns 6 de agosto de 1945, seguida o 9 de agosto por "[[Fat Man]]", lanzada sobre [[Nagasaki]]. O cesamento das hostilidades foi efectivo 6 días despois, o [[15 de agosto]]. A [[Segunda Guerra Mundial]] finalizouse oficialmente menos dun mes máis tarde pola sinatura do acto de [[capitulación do Xapón]] o [[2 de setembro]] de 1945. Son os únicos bombardeos nucleares que tiveron lugar en tempo de guerra.
 
O número de falecidos é difícil de cuantificar e só se dispoñen de estimacións. As bombas asasinaron a cando menos 140.000 persoas en Hiroshima e de 90.000 en Nagasaki, deica a fin de 1945 (no propio día do bombardeo calcúlanse uns 70,000 mortos en Hiroshima<ref name=Bomba_HiroshimaHiroshima>[http://www.cfo.doe.gov/me70/manhattan/hiroshima.htm The atomic bombing of Hiroshima], The Manhattan Project {{En}}.</ref> e 40,000 en Nagasaki<ref name=Bomba_NagasakiNagasaki>[http://www.cfo.doe.gov/me70/manhattan/nagasaki.htm The atomic bombing of Nagasaki], The Manhattan Project {{En}}.</ref>). A isto, engádense os falecementos aparecidos máis tarde debido a diversos tipos de cancros e de patoloxías, atribuídas á exposición á radiación liberada polas bombas<ref>[http://www.pubmedcentral.nih.gov/articlerender.fcgi?artid=33859 The somatic effects of exposure to atomic radiation: The Japanese experience, 1947–1997] {{En}}.</ref>. En total, contabilizando o día do bombardeo, calcúlase que nos 5 anos seguintes os mortos superaron os 200.000 en Hiroshima e os 140.000 en Nagasaki<ref name=Bomba_HiroshimaHiroshima/><ref anmename=Bomba_NagasakiNagasaki/>. Practicamente a totalidade de falecidos eran civís.
 
Os superviventes das explosións, os ''[[hibakusha]]'', tornáronse o símbolo dunha loita contra a guerra e as armas atómicas a través do mundo. Máis tarde [[Xapón]] adoptaría os tres principios anti-nucleares de non posesión, non produción, e a prol do desarmamento mundial de armas atómicas.
 
==Notas==
{{Referencias}}
 
[[Categoría:Segunda Guerra Mundial]]