Historia de Pontevedra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 71:
Nas primeiras décadas do século XX, Pontevedra vive un momento de especial efervescencia cultural e política. Ten especial relevancia a creación da [[Misión Biolóxica de Galiza]] e a fundación, en decembro de [[1931]], do [[Partido Galeguista]], dirixido por [[Alexandre Bóveda|Bóveda]] e [[Castelao]], xermolo do [[nacionalismo galego]] actual.
 
En [[1936]] ten lugar o alzamento militar do xeneral [[Francisco Franco Bahamonde|Franco]] que dá paso a unha dura guerra civil, fomentada polos odios e enfrontamentos acumulados durante anos. Tras o seu remate tres anos máis tarde, viría a represión por parte dos triunfadores nacionalistas''nacionais''. Así as cousas, numerosas persoas foron asasinadas, fusiladas ou obrigadas a marchar ao exilio.
 
Como consecuencia desta guerra, as dúas primeiras décadas da ditadura franquista son de enormes dificultades económicas para a maioría da poboación.
 
O cambio produciuse na década dos 60, que se caracteriza por un desenvolvemento sostido que empeza a manifestarse máis claramente a principios dos 70, coincidindo coa morte de Franco en [[19741975]] e coa [[transición]] democrática española. Nestes anos prodúcese un auxe extraordinario da construción que chega a converterse, ata o día de hoxe, nun dos grandes motores da economía pontevedresa.
 
Nos últimos tempos véuselle recoñecendo o seu labor en diversos campos a moitos persoeiros do ámbito galego. Así, no ano [[1999]], o Concello de Pontevedra rendeu por vez primeira unha homenaxe institucional a Alexandre Bóveda, asasinado o [[17 de agosto]] de 1936, e a outras figuras importantes na historia política de Pontevedra que foron fusiladas o [[12 de novembro]] dese mesmo ano por defender a Galiza, a liberdade e a xustiza social: o comandante Ramiro Paz, o mestre Xermán Adrio, o avogado e ex gobernador civil Xosé Adrio, os médicos Amancio Caamaño, Luís Poza e Telmo Bernárdez, o capitán de asalto Xoán Rico, o profesor de instituto Paulo Novás, o industrial Benigno Rei e o escritor Vítor Casas.