Diluvio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ArthurBot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: pt:Dilúvio (mitologia)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Gustave Doré - The Holy Bible - Plate I, The Deluge.jpg|thumb|300px|O Diluvio. Gustave Doré (1832-1883)]]
O '''Diluvio''' é un episodio escuro da historia da humanidade, tendo sido relatado polas máis diversas fontes. A versión máis coñecida é aquela descrita na [[Biblia]] no libro do [[Xénese]], en que [[Noé]] constrúe unha arca para abrigar un casal de cada especie de animal e a súa propia familia en canto [[Deus]] inundaba toda a Terra cunha choiva que durará 40 días e 40 noites. Ao final dese tempo, cando as augas comezaron a baixar, Noé enviou unha [[pomba]], que lle trouxo unha folla de [[oliveira]]. A partir de aí, os descendentes de Noé terían repoboado a Terra, dando orixe a todos os pobos coñecidos.
 
O acontecemento do Diluvio tamén se describe en fontes [[Sumeria]]s, [[Asiria]]s, [[Armenia]]s e [[Exipto|Exipcias]], [[Persia|Persas]], entre outras, de forma basicamente semellante ao episodio bíblico: Deus (ou o deus en cuestión) decide limpar a terra dunha humanidade corrupta e escolle un home bo aos seus ollos para construír unha arca para abrigar a súa Creación no tempo en que a terra estivese inundada. Despois dun período, a auga descende, a arca fica encallada nunha montaña, os animais repoboan a terra e os descendentes de tal home xeran todos os pobos do mundo.