Feminismo: Diferenzas entre revisións

movemento político que procura a equidade entre xéneros a través da liberación da muller
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 15 de febreiro de 2006 ás 12:40

Feminismo é o conxunto de teorías sociais, movementos políticos, e filosofías morais, principalmente motivadas por ou concernentes ás experiencias das mulleres, especialmente referidas á súa situación social, política e económica. Como movemento social, o feminismo principalmente está enfocado a erradicar a desigualdade de xénero e promover os dereitos das mulleres e os seus intereses na sociedade. Isto tamén concerne ao efecto que producen os roles de xénero nos homes, e o estímulo aos homes para trocar os roles tradicionais masculinos.