Protuberancia anular: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Silverfox (conversa | contribucións)
m Corrixidas ligazóns internas
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Reemprazo de texto automático (-[[Imaxe: +[[Ficheiro:)
Liña 1:
[[ImaxeFicheiro:Gray768.png|thumb|right|250px|Ponte de Varolio.]]
A '''protuberancia anular''' ou '''ponte de Varolio''', é a porción do [[tronco do encéfalo|troncoencéfalo]] que se ubica entre o [[bulbo raquídeo]] e o [[mesencéfalo]]. Ten como función conectar a [[medula espiñal]] e o [[bulbo raquídeo]] con estruturas superiores como os hemisferios do [[cerebro]] ou o [[cerebelo]].
É o segmento máis prominente do [[tronco do encéfalo|troncoencéfalo]]. Contén no seu núcleo, unha porción da [[formación reticular]], incluíndo algúns núcleos que ao parecer son importantes para o soño e o estado de alerta. Aquí sitúanse os [[pedúnculo cerebeloso|pedúnculos cerebelosos]], feixes de nervios que levan información propioceptiva ao cerebelo. Separado do [[bulbo raquídeo]] polo surco bulboprotuberancial, e do [[mesencéfalo]] polo surco pontomesencefálico. A superficie anterior é convexa e mostra moitas febras transversais que converxen cara aos lados para dar orixe aos '''pedúnculos cerebelosos medios'''. Na liña media presenta un surco pouco profundo e amplo, o '''surco basilar''', que aloxa á [[arteria basilar]]. Máis cara fóra, na cara anterolateral da protuberancia ten a súa orixe aparente o [[nervio trixémino]] ou V par craneal.