Tomás de Zumalacárregui: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Rocastelo (conversa | contribucións)
m Primeira Guerra Carlista
Chlewbot (conversa | contribucións)
m robot Modificado: ru
Liña 8:
Tras a morte de Fernando VII marchou a La Berrueza (Navarra) e uniuse á sublevación carlista baixo o mando de Iturralde e Sarrasa. O 14 de novembro de 1833 os sublevados elixiron en Estella como xefe militar a Zumalacárregui, e comezou a organizar dende a nada en moi pouco tempo un eficaz continxente militar, equipándoo con armas tomadas aos exércitos cristinos nos campos de batalla ou en ataques contra fábricas ou convois, e consciente da súa inferioridade numérica e armamentística reproduciu a táctica guerrilleira que coñecía dende a Guerra de Independencia, amparándose no accidentado do relevo e no apoio de gran parte da poboación civi. O [[7 de decembro]] de 1833 as deputacións de Biscaia e Álava convertérono no xefe das súas tropas. Durante o ano 1834 conseguiu a vitoria na maioría das accións militares, mesmo chegando a provocar a dimisión de Rodil no mando do exército cristino, pero na [[batalla de Mendaza]] a fins dese ano saiu derrotado e na [[batalla de Arquijas]] optou pola retirada. <br>
Pero en marzo e abril de 1835, coa acción de Larremiar contra [[Francisco Espoz y Mina]] e a acción de Artaza contra [[Gerónimo Valdés]], desfixo a tropa cristina que se viu na obriga de retirarse do País Vasco e Navarra, conservando tan só gornicións nas capitais de provincia e nalgunhas cidades da costa. Animado polos seus éxitos militares e pola necesidade de obter financiamento e recoñecemento internacional puxo sitio a Bilbao o [[10 de xuño]] de [[1835]], o 15 de xuño mentres facía unha rolda de recoñecemento unha bala perdida deulle nunha perna, os seus homes trasladárono a Zegama e morreu o 24 de xuño de 1835, seguramente de septicemia.
[[Category:Militares|Z]]
 
[[en:Tomás de Zumalacárregui]]
[[es:Tomás de Zumalacárregui]]
[[eu:Tomas Zumalakarregi]]
[[ru:ЗумалакарегиСумалакарреги, Томас де]]
[[Category:Militares|Z]]