O príncipe: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ArthurBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ms:Si Putera
retiro marcador En uso
Liña 1:
{{Enuso}}
 
[[Niccolò Machiavelli]] (1469-1527) redactou a súa máxima obra '''''O príncipe''''' en [[1532]], que o inmortalizou e está dedicada a [[Lourenzo de Médici]].
 
Liña 15 ⟶ 13:
 
Así teriamos un primeiro bloque que iría desde o capítulo I ata o IX, onde se analizan tanto a natureza e clases de principados como as condicións para crealos, consolidalos e mantelos. Contén definicións de termos políticos.
 
Machiavelli distingue entre dous tipos de Estados: as [[república]]s e os [[monarquía|principados]], dentro destes últimos distingue á súa vez os que son herdados e os que son novos. Estes tipos de Estados, que reflicten fielmente o existente na época, teñen características diferentes tanto como pola forma de gobernarse como pola forma de conservalos: ''...os Estados herdados e acostumados á liñaxe do seu príncipe, a dificultade de conservalos é bastante menor que no caso dos novos, posto que é suficiente con respectar a orde dos seus antepasados'' (Cáp. II).
 
Tamén diferencia entre dúas formas de goberno: aqueles principados gobernados por un príncipe e os seus servos (convertidos estes en ministros por graza e concesión súa) e os gobernados por un príncipe e por nobres (os cales posúen dito grao non pola graza senon por herdanza familiar). Claro está, segundo Maquiavelo que sería máis difícil conquistar o primeiro tipo de goberno pero pola contra, sería máis fácil conservalo.
 
Por último, distingue entre catro formas de xefatura do corpo político, pola virtude, Machiavelli entende por [[virtude]], a enerxía, a capacidade, o valor e o saber técnico mediante os cales o príncipe organiza e orienta a súa acción cara aos seus fins, en definitiva é decisión e prudencia, a virtude dirá Maquiavelo aspira á gloria; a [[fortuna]], factor externo básico da acción humana que como elemento imprevisible dirixe aos homes e aos pobos, pero a pesar diso, amén de mudable, escolle aos impetuosos para realizar os seus designios; por medio de accións criminais e contrarias á lei humana e divina ou por favor dos seus cidadáns.
 
Liña 29 ⟶ 30:
Está dividido en 26 capítulos
 
*'''I - DASDas DIFERENTESdiferentes CLASESclases DEde PRINCIPADOSprincipados Ee DEde COMOcomo SEse CONQUISTANconquistan; II - DOSDos PRINCIPADOSprincipados HEREDITARIOShereditarios'''
Nestes dous capítulos o autor fai unha distinción entre as clases de principados, sinalando que existen os herdados e os novos; os primeiros, son os que se herdan da familia, o príncipe herda dereitos dinásticos, e que en realidade eles non teñen maior problema para gobernar e conservar o poder, porque seguen a tradición e xa están estabilizados; agora ben, os novos, son máis fráxiles debido a que estes normalmente orixínanse a partir de conquistas que se fan noutros Estados, e teñen que facer o traballo para impoñerse e así, poder conservar o poder.
 
*'''III - DOSDos PRINCIPADOSprincipados MIXTOSmixtos'''
Nesta parte da súa obra, '''Machiavelli''' trata sobre os principados mixtos, aqueles que non son enteiramente novos e posúe un membro engadido a un principado antigo xa posuído. Aseméllase moito aos principados novos e ten case as mesmas dificultades para conservar o poder.
Considéranse varias estratexias para conservar este principado: a primeira, eliminar a liñaxe do príncipe anterior e non alterar as leis, nin aumentar os impostos.
 
*'''IV - Dos motivos polos que o reino de Darío conquistado por Alexandre non se rebelou contra os sucesores trala súa morte'''
*'''IV - DOS MOTIVOS POLOS QUEO REINO DE DARIO CONQUISTADO POR ALEXANDRE NON SE REBELOU CONTRA OS SUCESORES TRALA SÚA MORTE'''
Nesta parte o autor sinala que os principados coñecidos son gobernados de dous modos. O primeiro, consiste en que o faga un príncipe asistido por outros, que veñen a ser súbditos que teñen a graza do príncipe; o segundo, componse dun príncipe, asistido de varóns, que teñen o seu posto por antigüidade na familia e non pola graza do príncipe.
 
*'''V - DEDe COMOcomo CONVÉNconvén GOBERNARgobernar ASas CIDADEScidades OUou OSos PRINCIPADOSprincipados QUEque ANTESantes DEde SERser CONQUISTADOSconquistados SEse REXÍANrexían POLASpolas SÚASsúas PROPIASpropias LEISleis'''
Neste escenario, o autor sinala que existen tres formas de conservar este tipo de gobernos, como son: levalos á ruína, ir vivir con eles e/ou deixalos coas súas leis, pero creando un control no eido tributario e xudicial, para así conservar a fidelidade e asumir o control do poder.
 
*'''VI – DOSDos PRINCIPADOSprincipados NOVOSnovos QUEque SEse CONQUISTANconquistan CONcon ARMASarmas Ee VIRTUDEvirtude PROPIASpropias'''
Aquí o autor fai referencia ás soberanías novas que se adquiren coas propias armas e valor. Neste sentido sinala que, os que adquiren o principado por medio do valor experimentan dificultades con relación ás novas leis ou estatutos que impoñan para fundar o novo Estado e a seguridade.
 
*'''VII - DOSDos PRINCIPADOSprincipados NOVOSnovos QUEque SEse CONQUISTANconquistan COAScoas TROPAStropas Ee COAcoa FORTUNAfortuna ALLEASalleas'''
Neste sentido Maquiavelo manifesta que aqueles particulares que foran elevados a un principado só pola fortuna, chegan a el sen moito traballo, pero teñen que facer un gran esforzo para conservalo.
 
*'''VIII – DOSDos QUEque CHEGARONchegaron AOao PRINCIPADOprincipado MEDIANTEmediante DELICTOSdelictos'''
O autor refírese a aqueles que chegaron ao principado por medio de maldades, como a matanza, a traizón, a absoluta falta de fe, entre outras. Neste caso considérase que non se consegue ningunha gloria, cando os actos de severidade son mal usados xa que van sempre en aumento e se multiplican día a día, en lugar de diminuír.
 
*'''IX – DODo PRINCIPADOprincipado CIVILcivil'''
Aquí exponse o caso no que un particular se faga príncipe sen valerse de crimes e violencias intolerables, senón do auxilio dos seus concidadáns, combinado cunha astucia acertada. É importante sinalar que, un príncipe que ten o pobo ao seu favor, e que conserva o seu afecto, tende a consolidar o poder, a diferenza do que ten en contra ao pobo.
 
*'''X – DEDe COMOcomo HANhan VALORARSEvalorarse TODAStodas ASas FORZASforzas DOSdos PRINCIPADOSprincipados'''
Neste capitulo trátase a forma de como deben medirse as forzas dos principados, onde o autor da a coñecer dous escenarios. O primeiro, onde o príncipe conta coa forza suficiente para gobernar por si mesmo, neste caso presúmese que ten as suficientes armas e diñeiro, o apoio do pobo; e o segundo caso, dáse cando ten que auxiliarse nos demais, debido, entre outras causas, a que se ven obrigados a encerrarse dentro dos seus muros e cinguirse a resgardo.
 
*'''XI - DOSDos PRINCIPADOSprincipados ECLESIÁSTICOSeclesiásticos'''
Resalta o seu desprezo pola política temporal da igrexa, manifestando que non hai dificultade ningunha mais que adquirir a súa posesión, e que non hai necesidade do valor ou da fortuna para conservalos. Igualmente, considera que estes príncipes teñen Estados sen estar obrigados a defendelos, así como aos seus súbditos.
 
*'''XII – DOSDos TIPOStipos DEde EXÉRCITOSexércitos Ee DOSdos ESTADOSestados MERCENARIOSmercenarios; XIII – DOSDos EXÉRCITOSexércitos AUXILIARESauxiliares, MIXTOSmixtos Ee PROPIOSpropios; XIV – DASDas OBRIGASobrigas DUNdun PRÍNCIPEpríncipe RESPECTOrespecto DOdo SEUseu EXÉRCITOexército'''
Nestes tres capítulos aborda a problemática da seguridade e as armas, afirmando que, un Estado só é libre e seguro se dispón dun exército propio ben organizado sobre a base do recrutamento do cidadán. De igual forma, sinala que as armas mercenarias e auxiliares amosan a dependencia e a debilidade dun Estado. Neste mesmo sentido expón que un príncipe non debe ter outro obxecto, outro pensamento, nin cultivar outro arte mais que a guerra, a orde e a disciplina dos exércitos.
 
*'''XV – DOSDos MOTIVOSmotivos POLOSpolos QUEque OSos HOMEShomes Ee, ESPECIALMENTEespecialmente, OSos PRÍNCIPESpríncipes SONson LOADOSloados OUou CENSURADOScensurados'''
O autor trata das cousas polas que un príncipe é loado ou censurado, dándolle especial importancia ao concepto de virtude política dun príncipe, que é a que vai indicar a forma de conservar o poder, e de manipular dito coñecemento segundo a conveniencia e a necesidade.
 
*'''XVI – DADa XENEROSIDADExenerosidade Ee DAda MODERACIÓNmoderación'''
Neste sentido, Maquiavelo expón os pro e os contra de dar a coñecer a virtude da xenerosidade ante o seu pobo, de forma esaxerada, polo que considera que se debe ser moderado e prudente en canto a exercer esta virtude. Así evitarase o odio e repudio dos seus gobernados.
 
*'''XVII - DADa CRUELDADEcrueldade Ee DAda COMPAIXÓNcompaixón Ee SEse Éé MELLORmellor SERser AMADOamado QUEque TEMIDOtemido Ee VICEVERSAviceversa'''
Desde este punto de vista, o autor afirma que todo príncipe debe ser tido como un home compasivo, e non cruel. Considera que o príncipe debe ser amado e temido, mais nunca odiado, e antes de ser amado o máis importante é ser temido. Neste sentido, debe coidar que o temor non leve ao odio do seu pobo.
 
*'''XVIII - DEDe QUEque XEITOxeito DEBENdeben OSos PRÍNCIPESpríncipes MANTERmanter Aa SÚAsúa PALABRApalabra'''
Comeza por dicir que o príncipe que cumpre coa súa palabra é digno, pero logo aclara que a experiencia demostrou que estes non foron fieis á súa palabra e que recorreron á astucia para enganar aos seus gobernados, e así lograr os seus fins. Asimesmo sinala que hai dous modos de combater: pola forza e pola lei. Considera que primeiro hai que recorrer ás leis, pero que tamén hai oportunidades nas que hai que aplicar a forza, dependendo das situacións, e se ditas circunstancias o favorecen ou o prexudican.
 
*'''XIX – DEDe COMOcomo HAIhai QUEque EVITARevitar Oo DESPREZOdesprezo Ee Oo ODIOodio'''
Aquí o autor expresa que o príncipe debe por todos os medios evitar ser desprezado e odiado polos seus gobernados, cumprindo así coa súa obriga de respectar, por exemplo, a propiedade allea, entre outras cosas. Asimesmo, debe evitar a mala reputación, evitando cualificativos como lixeiro, amullerado,etc., que o levarían ao menosprezo. Contrario ao anteriormente plantexado, o príncipe debe ter moita astucia, e preservarse como un home con grandeza e fortaleza.
 
*'''XX – DADa UTILIDADEutilidade OUou INUTILIDADEinutilidade DASdas FORTALEZASfortalezas Ee OUTRASoutras MOITASmoitas COUSAScousas QUEque OSos PRÍNCIPESpríncipes FANfan ACOTÍOacotío'''
Considera o autor algunhas accións que emprende o príncipe para manter seguros aos seus Estados, como o son: o desarme dos seus súbditos, a división das terras, entre outras; acciones que el critica enerxicamente, sinalando os pro e os contra que traen consigo a execución das mesmas. Asimesmo, o autor afirma que a mellor fortaleza é non ser odiado polo pobo, porque por moitas fortalezas que teñas, se o pobo o odia, non se salvará.
 
*'''XXI - DEDe COMOcomo UNun PRÍNCIPEpríncipe DEBEdebe OBRARobrar PARApara TERter PRESTIXIOprestixio'''
Maquiavelo considera que o príncipe, para ser estimado, debe dar exemplo coa súa propia persoa e as súas fazañas, conseguir que o pobo teña unha sensación de seguridade con respecto a el, dar a coñecer aos seus gobernados o recoñecemento dos seus talentos e honralos, entre outras cosas.
 
*'''XXII - DOSDos SECRETARIOSsecretarios DOSdos PRÍNCIPESpríncipes; XXIII - DEDe COMOcomo CONVÉNconvén FUXIRfuxir DOSdos ADULADORESaduladores'''
Aquí o autor cre que é importante para o príncipe a escolla dos seus ministros e os aduladores, e que a posibilidade de que sexan bos ou malos vai depender da prudencia do príncipe. Principalmente, considera que os ministros deben ser leais e as súas accións deben ir dirixidas ao benestar do seu señor. Todo esto fortalecerá a imaxe do principado e a súa consolidación.
 
*'''XXIV - DODo MOTIVOmotivo POLOpolo QUEque OSos PRÍNCIPESpríncipes DEde ITALIAItalia PERDERONperderon OSos SEUSseus ESTADOSestados; XXV - DODo PODERpoder DAda FORTUNAfortuna NASnas COUSAScousas HUMANAShumanas Ee DEde COMOcomo ENFRONTARSEenfrontarse Aa ELAela; XXVI - EXHORTACIÓNExhortación Aa QUEque ALGUÉNalguén SEse POÑApoña Áá FRONTEfronte DEde ITALIAitalia, Aa LIBERElibere Ee Aa VINGUEvingue DOSdos BÁRBAROSbárbaros'''
Nestes capítulos '''Machiavelli''' plantexa as causas da ruína de Italia, a perda dos Estados, e a posibilidade de reordenar o Estado, sendo a orientación da súa obra o estudio dos principados novos. Por outra parte, analiza a virtude e a fortuna, co obxecto de demostrar que a virtude e a audacia teñen un lugar moi importante no desenvolvemento e conclusión da loita política.
 
==Finalidade==
Esta obra de '''Machiavelli''' tivo e ten un grangrande interese político. O seu autor foi definido en moitas ocasións como un personaxe de enrevesadas ideas (de todos é coñecida a popular expresión ter ideas maquiavélicas).
 
As súas reflexións foron obxecto de moitas críticas, para el a moral e a [[ética]] déixanse nun segundo plano cando se trata do mantemento do gobernante no poder. Así xustifica determinados comportamentos e calidades que debe ter o príncipe para manterse no poder. Estas condicións e aptitudes resúmense na súa capacidade de aproveitar situacións e manipular desexos e vontades de tal modo que sexan consideradas como medios e non como fins, calidades que a nós nos parecen amorais. Segundo el un príncipe pode ser cruel ''...debe por tanto un príncipe non preocuparse da fama de cruel se a cambio mantén aos seus súbditos unidos e leais porque con poucos castigos exemplares será máis clemente que aqueles outros que por excesiva clemencia permiten que a desorde continúe'' (Cáp. XVII); pode ser hipócrita ''... é necesario saber colorear ben esa natureza e ser un gran simulador e disimulador''(Cáp. XVIII) e sobre todo e o máis importante permíteselle o uso da violencia como instrumento de cohesión social, se ben non é bo o seu uso continuado.
Liña 103 ⟶ 104:
===Ligazóns externas===
*'''[http://metalibri.incubadora.fapesp.br/portal/authors/IlPrincipe Il Principe]''' at MetaLibri (PDF eBook)
 
 
[[Categoría:Política]]