Pedagoxía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
A '''pedagoxía''' é a [[ciencia]] que estudia a [[educación]] como fenómeno tipicamente social e especificamente humano.
 
O seu significado está relacionado coa arte ou ciencia de ensinar. A palabra provén do [[Lingua grega|grego]] antigo παιδαγωγός (''paidagogós''), o escravo que traía e levaba os nenos á escola. Das raíces "''paidós"'' ('neno') e "''ago"'' ('levar', 'conducir'). Inicialmente non se refería á ciencia, senón que era a denominación dun traballo: o pedagogo era o guía do neno.<br>Tamén se define como a arte de ensinar. Moi relacionado con este campo disciplinar, está a [[andragoxía]].
 
Coa [[Ilustración]] europea de finais do século XVIII e comezos do XIX, desde [[Francia]], [[Alemania]] e [[Inglaterra]], xente como o [[Nicolas de Condorcet|Marqués de Condorcet]], [[Jean-Jacques Rousseau|Rousseau]], [[Johann Friedrich Herbart|Herbart]], [[Johann Heinrich Pestalozzi|Pestalozzi]], ou [[Friedrich Fröbel|Fröbel]], plantexan o interese "ilustrado" polo progreso humano, retomando o significante grego. Agora con outros significados que, por outra parte, xa estaban ancorados nas mesmas raíces sinaladas. Dun lado, "paidós", 'neno', comeza a expandirse ó significado do humano, de tódalas etapas da vida humana, e non só da nenez. O verbo, igualmente, deixa de ser o significado base da "guía" física ou psíquica para pasar a significar "condución", "apoio", "persoal", "vivencial".