Maquis (guerrilla antifranquista): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Non quites o artigo XD
Liña 5:
 
Os maquis tiveron relevancia en todo o norte español, en [[Andalucía]], etc. durante e despois da [[Guerra civil española]]
 
==Guerrillas anti-franquistas en Galicia==
As guerrillas organizadas que actuaron en Galicia foron a "Federación de Guerrillas Galicia-León" e o "Exército Guerrilleiro de Galicia". Arredor de mil persoas realizaron unha resistencia armada nos montes contra o fascismo, e unha grande parte delas fixeron parte destas guerrillas ou tiveron algún tipo de contacto con estas estruturas. Máis de nove mil persoas foron presas ou sancionadas por colaboracion ou sospeitas de manteren relacións coa guerrilla durante o conflito civil, e despois na posguerra até o ano [[1967]] coa retirada do [[último guerrilleiro]] a Francia.
 
Un guerrilleiro galego foi [[Benigno Andrade García]] "O Foucellas" nado no lugar das [[As Foucellas, Cabrui, Mesía|Foucellas]], concello de [[Mesía]], en outubro do ano [[1908]] e que en xullo de 1936 "lanzouse" ao monte para combater ao novo réxime. Durante dezaséis anos estivo loitando e despistando aos seus perseguidores ata que foi detido no ano [[1952]] e executado na Coruña.
 
==Historia do Maquis en España==
O Maquis foi promovido polo [[PCE]] despois da derrota do bando republicano e sobre todo apoiado a partir do ano [[1945]] xa que a vitoria Aliada no contienente europeo fixo reaparecer a esperanza da volta do goberno lexítimo a España coma fixeron os Partisanos e a Resistencia Francesa durante a [[Segunda Guerra Mundial]]. Moitos dos guerrilleros foron combatentes do [[Exército Popular]] que escaparan aos montes e os sitios rurais. Estiveron presentes sobre todo na zona próxima aos Pirineos, no centro e no norte da península. Dos exiliados que permaneceron no Midi Francés 30.000 traballan para os alemáns, 7.000 únense o exército francés, 3.000 vanse cara a lexión estranxeira e os restantes 10.000 compoñen o Maquis da península.
 
No comezo foron unha gran molestia para o réxime franquista xa que contaban co apoio das poboación rurais e de familiares e amizades. Sen embargo pouco a pouco as cordinadas liñas de comunicación e estruturación da guerrilla foron cortadas polas accións dos axentes da orde, a Garda Civil. Os detidos e colaboradores foron obxecto de ameazas, castigos severos e fusilamentos, canto máis importante a implicación, maior o castigo. Esta doutrina de xustiza foi moi perxudicial para o Maquis, xa que o medo xeneralizado facía cada vez máis difícil o desenvolvemento das operacións e incluso levouse a cabo unha serie de infiltracións por parte de Gardas Civís vestidos de paisano.
Está demostrado que moitos bandoleiros ou delincuentes fixéronse pasar por Maquis e incluso que antigos membros pasaron ao saqueo e ao atraco para poder subsistir á marxe da sociedade. Isto fixo decaer a imaxe dos guerrilleiros cara a poboación e sobre todo serviu á policía para obter unha maior colaboración cidadá. As baixas do Maquis ascende a 5.560, de eles son entregados 546, detidos 2.841 e mortos 2.173 no ano [[1952]].
 
A acción real do Maquis foi nula, só serviu para alargar un estado de guerra que debía acabar no ano 1939. Aínda que se levaron a cabo ambiciosas estratexias e operación coma a do [[Val de Arán]] o principal obxectivo que debía ser o achegamento dos países democraticos á causa Republicana foi imposibilitado pola [[Guerra Fría]], xa que a España anti-comunista de Franco era un potencial aliado para os Estados Unidos.
 
Xa a partir dos anos 50 o [[PCE]] deu por rematado o apoio dos restantes comandos na península e moitos guerrilleiros voltaron cara Francia.
 
==Maquis famosos==
*[[Abel Ares Pérez]]
 
[[ca:Maquis]]
[[de:Maquis]]
[[en:Maquis (World War II)]]
[[es:Maquis (resistencia francesa)]]
[[fr:Maquis (résistance)]]
[[it:Maquis]]
[[ja:マキ (抵抗運動)]]
[[nl:Maquis (verzetsbeweging)]]
[[pl:Maquis]]
[[sv:Maquis]]
[[tr:Maquis]]