Diferenzas entre revisións de «Watchmen»

remato co argumento
(→‎Argumento: parte do argumento)
(remato co argumento)
{{enuso}}
 
:''Este artigo trata sobre o cómic de [[Alan Moore]], sobre a banda [[Canadá|canadiense]] vexa [[The Watchmen]].''
 
----
 
[[Image:Watchmen.jpg|thumb|Portada de ''Watchmen #1''. Por [[Dave Gibbons]]]]
 
==Antecedentes Históricos==
{{spoiler}}
Na realidade alternativa de ''Watchmen'', os comics de superheroes foron moi populares durante a década de 1930, o que animou a algunhas persoas a convertirse en auténticos heroes disfrazados. Isto fixo que os comics de superheroes fosen reemprazados polos de piratas, dado que, xa que existían heroes de verdade, o tema xa non atraía tanto á xente. No ano [[1939]] un grupo de heroes decide traballar xuntos, nacendo así os '''Minutemen''' (''Os homes do minuto''). Os seus integrantes eran: Silueta, Silk Spectre, O Comediante, Xustiza Encarapuchada, Capitán Metropole, Búho Nocturno I, Polilla e Dólar Bill.
 
 
O mundo de ''Watchmen'' é escuro e violento, cos [[Estados Unidos]] e a [[Unión Soviética]] ó borde dun enfrentamento nuclear. Pero dende o accidente que en [[1959]] transformou a Osterman no superpoderoso Doutor Manhattan (a única personaxe de ''Watchmen'' con superpoderes), os EEUU desfrutan dunha considerable vantaxe estratéxica, permitíndolles forzar á Unión Soviética a unha serie de derrotas, a máis notable das cales foi a de [[Vietnam]]. Este desequilibrio incrementou dramáticamente a tensión global. Anticipándose a unha aparentemente inevitable guerra global, a sociedade americana ten un xeral sentimento fatalista sobre o futuro.
 
En [[1966]], Veidt, observando a indiferencia de Osterman con respecto á humanidade, forma a hipótese de que os gastos militares e o dano medioambiental levarán a unha catástrofe global antes dos anos noventa. Como parte nun elaborado plan para evitar isto, Veidt actúa para acelera-la isolación de Osterman expoñendo a "máis de dúas docenas" de antigos asociados e inimigos de Osterman a radiación nociva, producíndolles varios [[cancro]]s, ó mesmo tempo que manipula á prensa para que especule que o mesmo Osterman é a causa.
 
Ca revelación pública desas sospeitas, Osterman telepórtase a [[Marte (planeta)|Marte]] para reflexionar sobre a súa vida. A súa ruptura co goberno estadounidense incita o oportunismo Soviético ca invasión de [[Afganistán]], agravando enormemente a crise global. A só días da [[guerra nuclear]], e tras ser convencido para voltar á [[Terra]], Osterman xunto a Kovacs, Juspeczyk e Dreiberg enfróntase a Veidt na base [[Antártida|Antártica]] deste, pero demasiado tarde como para evita-la fase final do seu plan: empregando un aparato de [[teleportación]], transporta unha criatura psiónica xenéticamente deseñada ata o corazón de [[Nova York]], sabendo que a explosión resultante e a onda [[parapsicoloxía|psíquica]] matará a metade dos habitantes. O flash psíquico está deseñado para convence-los surperviventes de que a criatura era a primeira dunha potencial forza invasora alieníxena. Ante esta ameaza externa, os [[Estados Unidos]] e a [[Unión Soviética]] cesan as hostilidades e asinan un acordo para afrontar xuntos esta aparente ameaza.
 
O asasino de Blake foi o proprio Veidt, debido a que Blake descobrera detalles do seu plan. Veidt tamén eliminou a numerosos empregados e esbirros (uns poucos deles coñecían todo o plan) para mante-la conspiración en segredo. Ó final, a única xente coñecedora da verdade son Veidt, Dreiberg, Juspeczyk, Kovacs e Osterman. Dreiberg, Juspeczyk e Osterman acordan mante-lo en segredo, conscientes de que revela-la conspiración podería reinicia-las tensións entre EEUU e a URSS, pero Kovacs rexeita o compromiso e é asasinado por Osterman, que abandona a Terra permanentemente.
 
Pero, antes de enfrontarse a Veidt na Antártida, Kovacs enviou o seu diario detallando as súas sospeitas ó "The New Frontiersman" (''O Novo Colono''), un periódico de [[extrema dereita]] que lia frecuentemente. A última imaxe da serie mostra a un editor do ''Frontiersman'' pensando en qué carta do "montón dos chiflados" (no que está o diario de Kovacs) empregará para encher duas páxinas do seguinte número.
 
[[Category:Obras de cómic]]
4.515

edicións